XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas definitivamente obras por máis dun millón e medio de euros
A Xunta de Goberno local adxudicou definitivamente as obras de seis proxectos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FES 2010), co que xa poden comezar as obras. En total, estas obras supoñen un investimento de máis de 1,5 millóns de euros. Entre outros asuntos, abriuse tamén o proceso de contratación do Programa de Educación de Rúa.
SEGURIDADE CIDADÁ
Ábrese ata o 17 de xuño o prazo de solicitude de permisos para cacharelas
A Concellería de Seguridade Cidadá fai públicas as normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas na na vía pública na noite San Xoán ou en calquera outro día do mes de xuño. A Xunta de Goberno deu o visto bo a estas normas e a prazo de solicitude destas fogueiras ou sardiñadas, aberto ata as 14:00 horas do 17 de xuño
ALCALDÍA
O Xacobeo 2010 estará presente en 20 millóns de envíos e 400.000 tarxetas postais
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na presentación do selo e da moeda cos que Correos e a Casa da Moeda conmemoran en 2010 o Ano Xacobeo. O acto estivo presidido polo ministro de Fomento, José Blanco, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.