NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"Namórate da lingua" promove a afectividade dos escolares co galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova campaña de promoción do uso da lingua galega, que un ano máis aproveita a data de San Valentín (14 de febreiro) para fomentar relacións afectivas cara o idioma. Namórate da lingua é o título desta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO. Haberá premios para as mensaxes máis orixinais e creativas.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica os datos turísticos de xaneiro como "nada satisfactorios, pero tampouco imprevistos"
Para o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, os indicadores de xaneiro do aeroporto e de ocupación hoteleira están "por debaixo de calquera expectativa" dun Xacobeo. Tras xulgalos como "atípicos" en relación a outros Anos Santos, cualificou estes datos como "nada satisfactorios, pero tampouco imprevistos".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reuniuse coa nova consulesa de Uruguai en Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a nova consulesa de Uruguai en Galicia, Marta Echarte Paraibaz.
TURISMO
O Fórum Santiago 2010 achega o binomio cociña e viño co Fórum Viño
O martes 23 de febreiro é o día dedicado ao viño como parella ideal da cociña dentro do programa profesional do Fórum Gastronómico Santiago’10. Sumilleres enólogos, xefes de sala, adegueiros, cociñeiros e demais profesionais do sector daranse cita nunha nova edición do Fórum Viño, complementado co Mercado do Viño.
FESTAS
O Meco subirá aos balcóns do Pazo de Bendaña para presidir o Antroido compostelán no seu 25 aniversario
Cun frío propio do mes do Antroido, Santiago ultima os preparativos para dar comezo ás festas, que arrincan o sábado 13 cun programa de actividades para todos os gustos e públicos. A xornada comezará ás 12:30 horas cos obradoiros de maquillaxe, disfraces e máscaras que se desenvolverán na praza do Toural coa axuda de monitores que ensinarán aos rapaces a caracterizarse cunha gama de cores estridentes e purpurinas. Haberá unha nova sesión de maquillaxe a partir das 17:00 horas.