EDUCACIÓN
Case 1.600 escolares de secundaria participarán nunha nova edición do programa "Sexibilízate"
Ponse en marcha unha nova edición do Programa de educación afectivo-sexual Sexibilízate. 1.590 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO pertencentes a nove centros escolares participarán nesta edición da iniciativa, á que cada ano se van sumando máis colexios.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago publica a última edición de "La Casa de la Troya"
Coeditada con Auga Editora, a nova edición de La Casa de la Troya é a primeira corrixida, actualizada, anotada e ilustrada da súa longa traxectoria. O libro, ilustrado por Suso Cubeiro e con introdución e notas de Mercedes Pacheco, forma parte da Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago.
XUVENTUDE
Unha exposición fotográfica recolle os mellores momentos dos concertos do "MúsicaXove 2009"
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, inaugurou no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a exposición fotográfica do 2º Certame MúsicaXove’09. O acto contou coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Andrés Fraga.