TRANSPORTES
Memorias USB e chaveiros para promover o uso do transporte urbano
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), segue coa súa campaña promocional dirixida a fixar a imaxe para o transporte urbano e a promover o seu uso entre os cidadáns. Despois da primeira fase, realizada en decembro, agora chega a segunda, co reparto de chaveiros e memorias USB entre os usuarios.
URBANISMO E BENESTAR SOCIAL
Compostela achegarase ao nivel dos países do norte de Europa no ámbito do alugueiro de vivenda a través do programa SUITE
Reuniuse na sede de EMUVISSA o Grupo de Apoio Local do Proxecto Europeo SUITE, integrado por profesionais de distintos sectores da cidade, e no que Santiago actúa como xefe de fila dende o 2009 en que deu comezo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Vinte e catro empresas beneficiáronse das axudas do programa Compostela Activa
Ata 24 proxectos empresariais, dous máis que en 2008, beneficiáronse da liña de Axudas para a creación de novas empresas do programa Compostela Activa 2009, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, Compostela Activa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago. Para quen ten unha idea de negocio, pero non dispón de medios para materializala, organiza o.../em>
ALCALDÍA
Santiago acollerá unha reunión da Comisión de Cultura do Parlamento Europeo do 28 ao 30 de abril
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de representantes dos hostaleiros, empresarios e comerciantes da cidade, reuniuse co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, para analizar a promoción do Xacobeo 2010 e as liñas de traballo comúns na celebración do Ano Santo. Nesta xuntanza puideron coñecer algunhas das actividades que se van a desenvolver na cidade de Santiago, entre elas unha reunión da Comisión de Cultura do Parlamento Europeo do 28 ao 30 de abril.