PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Servizo de Apoio á Empresa de Promoción Económica atendeu 420 consultas en 2009
21/01/2010
Ler máis
O Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu 420 consultas en 2009, procedentes de 198 usuarios, dos que 103, o 52%, eran mulleres. O SAE pon a disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento, consolidación e crecemento dos seus negocios.
ALCALDÍA
O Ministerio de Cultura terá unha participación activa nos eventos do Ano Santo 2010
21/01/2010
Ler máis
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Madrid coa ministra de Cultura, Ángeles González Sinde. A reunión estivo centrada en varios temas, comezando pola preparación da convocatoria do Real Patronato para o 24 de xullo de 2010.