BENESTAR SOCIAL
O Concello e o Foro de Inmigración formarán mediadores interculturais entre os escolares
Un ano máis, o Concello e o Foro de Inmigración poñen en marcha a súa oferta de actividades de sensibilización para escolares en torno ao fenómeno da inmigración. Os bos resultados de campañas anteriores fan que este ano se amplíen as sesións a outros niveis educativos. A novidade deste ano, o proxecto piloto Mediador de pares.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adscribe a TUSSA as parcelas para o novo aparcadoiro en superficie de Santa Marta
A Xunta de Goberno cumpriu cun dos últimos trámites para permitir a posta en funcionamento dun aparcadoiro de bordo en superficie no SUP-6 de Santa Marta: a adscrición á Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) das parcelas destinada a tal fin. A cesión é temporal por un período de catro anos, prorrogables por dous máis.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo a dez proxectos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local
O Goberno local deu o visto bo, para a súa remisión ao Ministerio de Política Territorial, de dez dos proxectos que serán financiados a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e o CGAC promoverán unha maior visibilidade da programación do centro na cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Miguel Von Hafe. Este explicoulle os plans que ten para o centro, que dirixe dende o mes de outubro.
CULTURA
Sumrrá celebra en Sons da Diversidade dez anos na elite do jazz de vangarda
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, celebra o sábado 23 de xaneiro o terceiro concerto da temporada 2009-2010. O Auditorio de Galicia acolle ás 21:00 horas a actuación de Sumrrá, un trío galego que practica o jazz máis innovador. Presenta o seu cuarto disco, no que volven apostar por un son de vangarda, cheo de forza e dramatismo. O prezo da entrada é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Unha nova edición do Obradoiro do Espectador achega o público ás artes escénicas contemporáneas
A Concellería de Cultura e Centros Socioculturais e a compañía Chévere, residente na Sala Nasa, desenvolverán nos meses de xaneiro, febreiro e marzo a terceira edición do Obradoiro do Espectador. Trátase dunha actividade que ten por obxectivo achegar o público ás artes escénicas contemporáneas, proporcionándolles aos espectadores coñecementos para unha maior comprensión e diversión.
ALCALDÍA
Pisa e Santiago perfilan programas de colaboración económica, académica, turística e cultural
Unha delegación da cidade italiana de Pisa está a visitar Santiago, coa que está irmandada dende maio de 2009. O obxecto da viaxe é establecer contactos con diferentes estamentos da cidade para concretar unha serie de programas económicos, culturais e turísticos en común.
CIDADE HISTÓRICA
O Concello do Prat de Llobregat interésase pola rexeneración da Cidade Histórica de Santiago
O Concello do Prat de Llobregar convidou o Concello de Santiago a participar na xornada Os plans de barrio como instrumento de desenvolvemento económico da cidade, que se celebrará o 20 de xaneiro na na localidade catalá. A concelleira da Cidade Histórica, Olga Pedreira, acompañada do xefe de área de Rehabilitación, Fernando Tobío, darán conta do relatorio O proxecto de rexeneración da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, co que exporán e explicarán o caso compostelán.
TURISMO
El Corte Inglés convoca un Concurso de Cociña Familiar dentro do Fórum Gastronómico
Co obxectivo de fomentar a gastronomía de calidade nos fogares galegos El Corte Inglés, patrocinador do Fórum Gastronómico Santiago 2010, convoca Os pratos da túa vida: I Concurso Galego de Cociña Familiar, cuxa final celebrarase o día 20 de febreiro.