ALCALDÍA
O alcalde salienta a calidade da oferta educativa do novo Colexio Peleteiro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as novas instalacións do Colexio Peleteiro en Montouto, acompañado do director do centro, Luis Peleteiro. A obra avanza a bo ritmo, co obxectivo de que estea operativa en xuño, para atender diversos cursos de verán, e lista para comezar o curso 2009-2010.
REHABILITACIÓN E CIDADE HISTÓRICA
A reurbanización da rúa de Belvís potenciará o miradoiro para o uso público e ampliará o espazo de beirarrúas
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou o proxecto de reurbanización previsto para o entorno do miradoiro e da rúa de Belvís. A potenciación do miradoiro como espazo público e a ampliación do espazo de beirrarúas son algúns dos aspectos destacados da intervención.
CULTURA
As letras galegas únense á rede internacional de liberación de libros a través dunha web
Presentouse en Raxoi a web www.libro-libre.org coa, que a literatura galega e en galego se suma á rede "Bookcrossing", que promove a liberación de libros a nivel mundial. Este acto inscríbese na programación de A Revolta das Letras, una iniciativa que pretende por en valor a cultura galega e en galego.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo anima aos composteláns a aprender coa arte de Tarsila do Amaral
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da exposición Tarsila do Amaral na Fundación Caixa Galicia. Esta mostra, comisariada por Juan Manuel Bonet, permanecerá en Compostela ata o 31 de xullo.
EMPREGO
O alumnado da primeira quenda do programa Persoa IV comeza o período de prácticas
Os 55 alumnos da primeira quenda programa de inserción laboral Persoa IV, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, remataron o período de formación nas catro especialidades cursadas. Comezan agora a fase de prácticas en 30 entidades e empresas da zona de Santiago.