EMPREGO
Máis de 400 persoas beneficiaranse dos 26 cursos previstos polo Plan de Formación
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Plan de formación e mellora da competitividade para os sectores industrial, da construción, do comercio e da hostalería para o ano 2009. Este programa conta con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 de teleformación.
ALCALDÍA
Os composteláns poden deixar os seus desexos sobre a Unión Europea nunha caixa multimedia
Con motivo das Eleccións Europeas do 7 de xuño, o Parlamento Europeo situou no parque da Alameda unha caixa multimedia (Box Vox). Alí permanecerá ata o 13 de abril.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas outras oito obras do Fondo de Inversión Local
A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente outras oito obras das financiadas polo Fondo de Inversión Local. Estas actuacións darán traballo a 271 persoas, das que 86 serán de nova contratación.
CIDADE HISTÓRICA
Ponse en marcha o novo Programa de Apoio a Proxectos Singulares na Cidade Histórica
A Xunta de Goberno aprobou o programa, a convocatoria e as bases reguladoras do programa de Apoio a Proxectos Singulares na Cidade Histórica. Trátase de ampliar o vixente esquema cun novo programa tendente a enriquecer a diversidade de usos mediante a introdución de usos innovadores, complementarios do principal e compatibles e coherentes coa singularidade da Cidade Histórica. Está dotado con 400.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a súa satisfacción "persoal e política" polos novos nomeamentos no Goberno
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou os novos nomeamentos no Goberno español poucos minutos despois de que os fixera público o presidente José Luis Rodríguez Zapatero. En especial, manifestou a súa satisfacción "persoal e política" pola designación de José Blanco como ministro de Fomento.
DEPORTES
Empresa e deporte xuntan esforzos con vontade solidaria por terceiro ano consecutivo
O domingo 24 de maio celebrarase a "III Carreira Solidaria Polígono do Tambre". Nesta edición, os fondos recadados irán para a Cociña Económica.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao presidente da Asociación Compostelá de Autotaxi
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Asociación Compostelá de Autotaxi, Jesús Pena Duarte.