ALCALDÍA
O Concello incrementa o seu apoio ao programa de manutención básica da Cociña Económica
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou no Pazo de Raxoi, un convenio de colaboración coa Cociña Económica, representada neste acto por Jesús Precedo, presidente da súa Patronal. O Concello achega 20.208 a esta institución, incrementando un 60% a achega do anterior convenio de acordo ás necesidades da situación económica actual.
TRANSPORTES
TUSSA renovará os aseos públicos no aparcadoiro de Xoán XXIII
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá a reunión ordinaria do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na sesión adxudicáronse as obras de reforma dos aseos públicos de Xoán XXIII.
URBANISMO
EMUVISSA adxudica as obras de urbanización do SUNP-5 da Muíña por 4,1 millóns de euros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá a reunión ordinaria do Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA). Na sesión adxudicáronse as obras de urbanización do plan de sectorización do SUNP-5 da Muíña e o contrato de alleamento dunha parcela do SUP-7 (Pontepedriña II).
XUVENTUDE
O festival "Rock na Ascensión" trae a Santiago grupos consolidados da escena musical española e galega
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o festival Rock na Ascensión, acompañado por un membro da produtora organizadora do evento, Carlos Regueiro, de AKaron Films. Este festival, que se celebrará o venres 22 e sábado 23 de maio no Multiusos Fontes do Sar, está incluído dentro do programa de actividades das Festas da Ascensión 2009.
CULTURA
Inaugúrase a intervención "Dinero", de Montse Rego, na Zona "C"
O mércores 29 de abril, ás 20:00 horas, inaugúrarase a intervención Dinero, de Montse Rego, na Zona "C". Nesta mostra, creada expresamente para este espazo, a artista adopta o rol de xestora para realizar unha instalación arredor do binomio entre diñeiro e cama.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á nova directiva da Asociación de Veciños Río Sarela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á nova directiva da Asociación de Veciños Río Sarela de San Lourenzo-Carme de Abaixo.