CULTURA
Revelando Voces 2009 leva sete agrupacións musicais aos centros socioculturais
A terceira edición do programa Revelando Voces levará aos centros socioculturais da cidade a sete novas agrupacións musicais. Serán en total 12 concertos, nos que se poderán escoitar diferentes propostas sonoras en pequeno formato.
TURISMO
Turismo rehabilitará os tramos máis importantes do Camiño cara ao Ano Santo
Coa vista posta no ano 2010, a Concellería de Promoción Económica e Turismo vai acometer a rehabilitazión e sinalización do Camiño de Santiago a través de tres proxectos, cun orzamento total dun millón de euros. As actuacións a desenvolver son a rehabilitación e sinalización dos Camiños de Santiago Francés e a Fisterra e a integración paisaxística do Camiño no entorno da N-634. Os tres proxectos empregarán a 23 persoas e estarán rematadas a finais de 2009.
XUVENTUDE
Comeza o "MúsicaXove´09" coa primeira final de grupos de música metal
A segunda edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, comeza o xoves 16 de abril coa primeira final. Actuarán os tres grupos na modalidade de metal: Soño Eterno, The Weak Force e The Codename, todos procedentes de Santiago. A Sala Capitol abrirá o despacho de billetes ás 21:30 horas para que todos os que queiran asistir ao concerto poidan recoller a súa entrada de balde.
EMPREGO
Promoción Económica realiza unha enquisa para detectar as necesidades formativas do ámbito laboral e empresarial
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego acaba de subir á portada da súa páxina web www.maiscompostela.org unha enquisa de necesidades formativas. Este cuestionario ten un dobre obxectivo: detectar as necesidades de formación do mercado laboral e ofrecer ao empresariado, a persoas ocupadas e desempregadas e a persoas emprendedoras, a posibilidade de escoller o tipo de formación que precisan para incrementar a súa promoción laboral, mellorar os recursos humanos...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á nova directiva da Asociación do Traxe Galego
A nova xunta directiva da Asociación do Traxe Galego acudiu á Casa do Concello para departir co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.