ALCALDÍA
O alcalde valora a historia e o futuro de FINSA como referencias para a cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e outros membros da Corporación realizaron unha visita ás instalacións da empresa FINSA en Formarís. Guiáronos nesta visita varios directivos desta firma madeireira.
SEGURIDADE CIDADÁ
Sufocado o incendio que calcinou cinco hectáreas no Pedroso
A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, compareceu acompañada polo xefe dos Bombeiros de Santiago, Jesús Martínez, para dar conta do incendio acontecido no Pedroso, na zona de Pardaces, na madrugada do venres 27. Como resultado deste lume calcináronse entre 5 e 6 hectáreas, das calles unha era de monte arborado.
CULTURA
O ciclo Sons da Diversidade trae a Compostela a última proposta da cantante francesa Keren Ann
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, o domingo 27 ao Auditorio de Galicia, ás 21.00 horas, o último traballo de Keren Ann. Esta artista ten sido comparada polos medios especializados con Françoise Hardy, Nico, Suzanne Vega, Serge Gainsbourg, Rufus Wainwright ou Carla Bruni.
MEDIO AMBIENTE
Compostela apoia a iniciativa "A Hora do Planeta" co apagado das luces da Catedral, o Pazo de Raxoi, San Francisco e San Martín Pinario
O Concello de Santiago apoia a iniciativa de WWF/Adena A Hora do Planeta, que fará que o sábado 28, durante unha hora, se apaguen as luces dun gran número de edificios emblemáticos no mundo. Esta iniciativa pretende demostrar que a loita contra o cambio climático é posible e é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia. Nela participarán 1.200 millóns de persoas e están implicados gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do...
COMERCIO
O monologuista Rober Bodegas actuará na Gala do Comercio
O monologuista Rober Bodegas actuará na IV Gala do Comercio, Compostela capital de compras, que será presentada pola xornalista de Correo Televisión, Inés Dopazo. O evento, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, é aberto ao público, e celebrarase o 31 de marzo, ás nove da noite, no Teatro Principal.