ALCALDÍA
O Concello colabora con 3.000 euros ao importante labor asistencial da Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega á Asociación de Viúvas Rosalía de Castro do cheque por valor de 3.000 euros correspondente ao premio de investigación Xohana Torres 2008. No acto tamén participou a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín.
COMERCIO
A Gala do Comercio homenaxeará a Fotos Arturo, Fotos Novoa, Curtidos Compostela, Talleres Arco e Magar
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, deu a coñecer os nomes dos cinco estabelecementos que van ser homenaxeados na IV Gala do Comercio Compostela capital de compras, que celebrará o 31 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Os comercios recoñecidos son: Fotos Arturo, Fotos Novoa, Curtidos Compostela, Talleres Arco Máquinas e Magar Géneros de Punto.
CONSORCIO
A Fundación Granell gaña 400 metros cadrados en Bendaña para albergar a biblioteca persoal do artista
O edificio do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, vai ser sometido a un proceso de acondicionamento de novos espazos, tras a anexión da superficie ocupada ata agora dentro do inmoble pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA). Para estas obras, o Consorcio destina 629.896 euros.
MEDIO AMBIENTE
A plantación de 300 árbores en Volta do Castro será a principal actividade da celebración do Día da Árbore e da Auga
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou as actividades que o seu departamento desenvolverá para celebrar o Día da Árbore e o Día da Auga. Cienfuegos, que tamén presentou a imaxe e o material promocional desta celebración, estivo acompañada por Luis Incera, xerente de Cespa, e Paula Piñeiro, delegada de Aquagest, ambas entidades que colaboran nestas actividades.