XUNTA DE GOBERNO
Novas áreas infantís e recreativas en Salgueiriños, San Lázaro e Vidán
A Xunta de Goberno adxudicou tres novas obras das incluídas no Fondo de Inversión Local. En concreto, trátase da remodelación da zona norte do parque de Salgueiriños e da creación dunha área de xogos infantís no parque de San Lázaro e doutra área recreativa en Vidán.
FACENDA
O FEDER achega unha subvención de máis de 624.000 euros para catro proxectos executados polo Concello
O Ministerio de Economía e Facenda vén de aprobar unha subvención sobrevida do FEDER para subvencionar o 70% do custo de catro proxectos de reurbanización de rúas executados polo Concello con fondos propios durante 2006. Esa subvención supón unha achega de 624.169,95 euros respecto dos 891.671,37 euros que custaron as catro actuacións.
TURISMO
Última cata guiada de "Santiago Repetirás"
Unha cata guiada protagonizada polas cervexas Estrella Galicia maridadas co queixo da D.O. Tetilla e un taller gastronómico infantil son as actividades elixidas para poñer o punto final a Santiago Repetiras, programa organizado por Turismo de Santiago. O sábado 21 de marzo, e tras cinco meses de sesións gastronómicas, o Parador Hostal dos Reis Católicos acolle as derradeiras desta edición.
REHABILITACIÓN
Un técnico de Rehabilitación do Concello atenderá as dúbidas e consultas dos veciños en relación á ARI da Pontepedriña
A partir do venres 20, un técnico do departamento de Rehabilitación do Concello de Santiago estará no Local das Avoas (rúa de Samos, 6 - baixo) para atender a todos aqueles veciños e veciñas que queiran informarse sobre a ARI que se declarou no grupo de vivendas Compostela e Cardenal Quiroga. O técnico estará en horario de 9:00 a 14:00 horas durante un mes, tempo que poderá prorrogarse en función da demanda dos veciños e veciñas.