ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reunirase coa presidenta de AENA e co secretario de Estado de Defensa para impulsar as obras da nova Terminal
Impulsar o inicio das obras da nova terminal aeroportuaria de Lavacolla é o obxectivo das reunións que o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá o luns 16 coa presidenta de AENA, Encarnación Vivancos, e co secretario de Estado de Defensa, Constantino Méndez. Como xa ten indicado noutras ocasións, a prioridade municipal é que se fixe unha data de ocupación dos terreos e comecen as obras.
ALCALDÍA
O alcalde contempla a ampliación do Palacio de Congresos como unha "solución paliativa" ás necesidades de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que o Concello xa vén contemplando a posibilidade de ampliar o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia con instalacións complementarias no espazo ocupado actualmente polo aparcadoiro anexo. Non obstante, indicou que esta sería unha "solución paliativa" no caso de que non fose posible ampliar o Recinto Feiral de Amio, como sería desexable dende o punto de vista municipal.
TRANSPORTES
Santiago, elixida para integrar a xunta directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, participou en Sevilla na asemblea constituínte da Rede de Cidades pola Bicicleta e foi elixido membro da súa Xunta Directiva. A adhesión a esta rede de cidades fora aprobada polo Pleno municipal na súa sesión ordinaria do pasado 26 de febreiro.
ALCALDÍA
Os empresarios do Tambre doan 8.000 euros ao Cottolengo e á Cociña Económica
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na visita ao Cottolengo e á Cociña Económica de Santiago para facer entrega de 4.000 euros a cada entidade por parte da asociación empresarial que preside.
URBANISMO
O PXOM ao completo nesta páxina web
Xa está dispoñible nesta web o texto refundido do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Os interesados poden consultar o documento completo, con todos os seus planos e textos.
COMERCIO
O recinto feiral de Amio acolle o Compostela Outlet
O sábado, 14 de marzo, ás doce do mediodía, inaugurase oficialmente Compostela Outlet 2009. III Feira de comercio polo miúdo, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Ao acto está previsto que asista o responsable do departamento, Xosé Manuel Iglesias, e os máximos representantes das asociacións de comerciantes da cidade.