CULTURA
A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea edita catro novos títulos
A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea saca á luz catro novos títulos. Esta iniciativa da Concellaría de Cultura e a Editorial Galaxia permite desta vez traducir ao galego Sardinia Blues, de Flavio Soriga; A elegancia do ourizo, de Muriel Barbery; O castelo branco, de Orhan Pamuk; e O caderno dourado, de Doris Lessing.
TRANSPORTES
Case 196.000 vehículos pasaron polos aparcadoiros municipais en 2009
Os aparcadoiros xestionados pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), rexistraron o paso de 195.979 vehículos polos mesmos. Tanto os dous estacionamentos de Xoán XXIII e Belvís como a dársena de autobuses de Xoán XXIII experimentaron significativos incrementos no número de usuarios.
XUNTA DE GOBERNO
En marcha todos os proxectos incluídos no fondo estatal
A Xunta de Goberno iniciou a licitación do último dos 33 proxectos incluídos no Fondo Estatal de Inversión Local, de extensión da rede Wimax ás parroquias de Aríns e Figueiras. Ademais adxudicáronse provisionalmente as obras doutros catro proxectos e as direccións facultativas e coordinación de seguridade doutras 12, ademais de iniciar a contratación das direccións facultativas superiores de catro máis.
ALCALDÍA
Chega a Compostela a mostra que conmemora os 25 anos do Consello da Cultura Galega
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou no Museo do Pobo Galego a exposición Galicia 25. Unha cultura para un novo século, organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do 25 aniversario da súa creación.
COMERCIO
Promoción Económica distribúe entradas gratuítas coa publicidade de Compostela Outlet
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo distribuirá o mércores 11 de marzo entradas gratuitas para asistir a Compostela Outlet, a terceira feira de saldos que se celebra en Santiago, que terá lugar o sábado 14 de marzo e o domingo 15 de marzo no Recinto Feiral de Amio, en horario de dez da mañá a nove da noite.
TURISMO
Pedro Roca, último convidado ás sesións de "Merco e cociño con..."
O sábado 14 de marzo, dentro do programa Santiago Repetirás, organizado por Turismo de Santiago, celébrase a derradeira edición dos talleres gastronómicos Merco e cociño con... da man de Pedro Roca. Neste innovador taller os asistentes poden coñecer de primeira man como é unha xornada na vida dun cociñeiro, acompañándoo a realizar a compra dos produtos cos que despois confeccionarán un menú de tempada.