CENTROS SOCIOCULTURAIS
A concelleira de Centros Socioculturais visita as obras dos CSC das parroquias do norte de Santiago
Socorro García Conde, visitou esta mañá as obras de cinco dos nove edificios da Rede de Centros Socioculturais que está sendo sometido a traballos de reforma pola Concellaría. Este plan de reformas está destinado principalmente a mellorar as condicións de uso nestes centros, situados na súa maioría no rural de Compostela.
ALCALDÍA
O Concello colabora con Proxecto Home na prestación de axuda aos drogodependentes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente do padroado da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia, José Antonio Seoane Ares, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega 29.751 euros para o desenvolvemento dun programa destinado a atender aos que sofren de adicción á cocaína.
ALCALDÍA
Os rapaces de Santiago e Segovia coñecerán e traballarán sobre o patrimonio de ambas cidades
Compostela participa un ano máis no programa "Coñecer as cidades patrimonio", que xa vai pola súa novena edición. Esta nova convocatoria foi presentada pola concelleria de Eduación, Mercedes Rosón, e polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
A asociación Fonte da Virxe estrea o seu novo centro ubicado nun terreo cedido polo Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do novo centro ocupacional que pon en marcha a asociación Fonte da Virxe na rúa de Mondoñedo, sita no Lugar da Barcia.
FACENDA
A Xunta de Goberno aprobará o martes un recoñecemento extraxudicial de crédito
A Comisión extraordinaria de Facenda celebrada na mañá do venres 9 dictaminou favorablemente o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 206.814,12 euros.
ALCALDÍA
O convenio para a nova estación do AVE asinarase a vindeira semana
O alcalde espera que a finais da semana que entra Concello, Xunta, ADIF e Ministerio de Fomento asinen o convenio para a construcción da estación do AVE.