TURISMO
Vivir Compostela converte aos santiagueses nos mellores embaixadores da cidade
Turismo de Santiago desenvolverá en outubro o programa Vivir Compostela, co obxectivo de converter ás persoas que viven en Santiago nos mellores embaixadores da cidade. Esta edición conta con 26 visitas e actividades de balde, seis máis que en 2007.
ALCALDÍA
O Ateneo de Santiago inicia as súas actividades
O renacido Ateneo de Santiago comeza neste outono a desenvolver as súas actividades. Unha representación desta institución, encabezada polo seu presidente, Salvador García-Bodaño, e polo seu secretario, Francisco Candela, visitaron Raxoi para darlle a coñecer ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, estas actividades.
PLENO
Visto bo ao estudo de detalle para a rehabilitación integral de Vista Alegre
O Pleno municipal aprobou por unanimidade o estudo de detalle para a rehabilitación integral de Vista Alegre. Este documento, redactado polos arquitectos Celestino García Braña e Isabel Aguirre, ofrece unha cobertura normativa aos cambios físicos que se producirán en virtude desta intervención.
PLENO
Todo listo para a entrada en vigor dun PXOM que fará pasar á cidade de 15 a 32 millóns de metros cadrados
O Pleno tamén tomou coñecemento da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes de 1 de setembro de 2008 que aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Conclúe así despois de sete anos a tramitación dun Plan que, en palabras do alcalde, fará pasar á cidade de 15 a 32 millóns de metros cadrados, dos que seis serán para solo industrial, outros tantos para vivenda e catro para dotacións.
PLENO
O Pleno municipal opta pola tecnoloxía de membranas para a EDAR
Cos votos favorables do Grupo de Goberno e o voto en contra do Partido Popular, o Pleno municipal aprobou unha resolución pola que se opta pola tecnoloxía de membranas para a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR).
DEPORTES
O Polígono do Tambre acolle o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual Cadetes e Féminas
As estradas do Polígono Industrial do Tambre serán o escenario o domingo 28 do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual Cadetes e Féminas, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e a Fundación Compostela Deporte coa colaboración do Concello de Santiago e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT). Daranse cita todos os equipos galegos con ciclistas nas categorías: cadete, júnior e elite femininas e cadete masculina.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Péchase o programa "Vive o verán" cunha romaría no Local Social de Marantes
O sábado 27 chega ao seu fin a primeira edición do programa de actividades ao aire libre Vive o verán, que organizaron a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Concellaría de Medio Ambiente. O remate do programa celebrarase cunha gran romaría no Local Sociocultural de Marantes aberta a público de todas as idades.