MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
Proxectos para o Monte de Dios e para o río Tambre
A Xunta de Goberno deu conta da concesión polo Ministerio de Facenda dunha subvención de 126.212 euros para o financiamento do Proxecto de rexeneración do Monte de Dios. Esta achega supón o 70% do total do orzamento, que ascende a 180.303 euros.
URBANISMO
O proxecto SUITE terá un sistema mixto de xestión
A Xunta de Goberno tomou conta do sistema de xestión e financiamento da rede temática SUITE. Este sistema mixto fora acordado polo xefe de fila (Santiago) e polos socios do proxecto na súa primeira fase (Hamburgo, Medway, Nantes e Siemianowice) na xuntanza mantida na cidade os días 26 e 27 de xuño.
BENESTAR SOCIAL
Aprobado o proxecto de regulamento da Casa das Asociacións de Benestar Social
O Goberno local aprobou o proxecto de regulamento da Casa das Asociacións de Benestar Social. Este novo centro municipal, que en breve se porá en marcha en Salgueiriños, proporcionará os recursos e servizos necesarios para impulsar a participación social e fomentar o asociacionismo e a coordinación interasociativa.
MOBILIDADE
O Goberno municipal referenda as limitacións de velocidade nas rúas da cidade
O Goberno local aprobou as delimitacións de velocidade para circulación de vehículos nas rúas da cidade. Esta medida é o paso previo ao estudo de determinación dos itinerarios e zonas de circulación de bicicletas.
TURISMO
Máis de 2.600 curtas comporán o catálogo do III Mercado Internacional de Curtocircuíto
O III Mercado Internacional forma parte das actividades organizadas polo Festival de Curtametraxes Curtocircuíto. Entre o 20 e o 24 de outubro, paralelamente á Semana Oficial do Festival, Santiago converterase no principal punto de encontro dos profesionais internacionais do sector das curtametraxes. Alí estarán dispoñibles máis de 2.600 curtas.
ALCALDÍA
Entrega de diplomas aos participantes nas "Aulas do Camiño"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deulle a benvida a Santiago aos vinte participantes nas "Aulas do Camiño", organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol.
ALCALDÍA
Ferradura Aberta: un espazo para a convivencia e o lecer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou unha nova edición de Ferradura Aberta no Parque da Alameda. Ata o 24 de xullo, os composteláns máis novos teñen un espazo para a convivencia e o lecer, grazas a unha ampla gama de actividades.