MANTEMENTO E OBRAS
O Concello plantará especies autóctonas na zona de Lamas de Abade na que se tallaron eucaliptos
O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial explicou hoxe en rolda de talla de árbores levada a cabo polo seu Departamento en Lamas de Abade, entre as rúas Divina Pastora e Raiola. Rafael Peña incidiu en que a actuación se levou a cabo para atender aos requirimentos presentados polos responsables de dous centros próximos, a gardería Raiola e a sede de Aspanaes, e "atendendo ao risco de incendio que supuñan os piñeiros, eucaliptos e enorme cantidade de maleza acumulada na parcela, de titularidade...
POLÍTICAS SOCIAIS
Nacen os "Almorzos do Bo Facer" como espazo de encontro para as cooperativas compostelás
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo vén a dar continuidade ás I Xornadas de Economía Social e Colaborativa realizadas con grande éxito de público no ano 2016, creando un espazo distintivo no Cersia Empresa para a reflexión e a formación nas posibilidades da economía social e as novas economías centrada nas persoas como motores de cambio.
DEPORTES
Angrois acolle este sábado a segunda proba do CorreSan 2017
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a segunda carreira da VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Trátase da Ruta da Prata-Angrois, que se celebrará o vindeiro sábado 14 de outubro. Tamén participaron na rolda de prensa Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e Martín Rozas, directivo da Asociación de Veciños de Angrois e integrante do Noitebra F.C.
MEDIO AMBIENTE
Tropa Verde recibe o premio "Boa Práctica" en Desenvolvemento Urbano Sustentable
Miguel Varela e Marta Morán, en representación do Concello e da empresa Teimas Desenvolvemento, recolleron en Tallin (Estonia) o premio "Boa Práctica" outorgado á iniciativa Tropa Verde SCQ no marco do festival do programa europeo URBACT. O galardón recoñeceu o esforzo innovador deste proxecto cara a consecución dunha cidade máis sustentable nas súas iniciativas empresariais e medioambientais.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa no Día do Camiño Primitivo nas festas do San Froilán
O alcalde de Santiago participou este mediodía en Lugo na celebración do Día do Camiño Primitivo nas festas do San Froilán. Martiño Noriega aproveitou os actos para reivindicar a importancia desta ruta, que "é o comezo de todo o fenómeno xacobeo".
POLÍTICAS SOCIAIS
Publicadas as listaxes provisionais de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación para o curso 2017/2018
A Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación para o curso 2017/18. A resolución está composta por dúas listaxes: a das bolsas por escaseza de recursos e a das bolsas por conciliación.
FACENDA
Este domingo remata o prazo para votar as propostas dos orzamentos participativos
Os orzamentos participativos Compostela Decide emprenden a súa recta final. Este domingo día 15, ás 23:59 horas,remata o prazo para votar as 133 propostas cidadás rexistradas a través da web decide.santiagodecompostela.gal. Para animar a participación, este mércores, a partir das 16:30 horas, haberá unha carpa na praza do Toural cun espazo de xogo, ordenadores e toda a información precisa para que calquera persoa se manteña ao tanto do proceso ou.../em>
MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Quince mozos e mozas rehabilitarán a zona do Banquete de Conxo grazas ao obradoiro Ecotur III
Os concelleiros de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Medio Ambiente, Xan Duro, visitaron este martes os traballos de rehabilitación dun novo tramo do río Sar, desta vez na contorna do Hospital Provincial de Conxo.
MEDIO AMBIENTE
Nace "Santiauga", un proxecto para fomentar o consumo da auga da billa na hostalería compostelá
O Concello de Santiago quere fomentar o consumo da auga da billa, tamén no sector da hostalería. Ese é o obxectivo do proxecto Santiauga, que vén de poñer en marcha a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia e que hoxe presentou o edil Xan Duro. Na rolda de prensa estivo acompañado por Constantino Penedo, xefe de proxectos de medio natural de Novotec, a empresa que colabora co Concello nesta campaña.
POLÍTICAS SOCIAIS
Coloquio sobre as persoas con visión reducida na Fundación Granell no marco do Día Mundial da Visión
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou hoxe o coloquio enmarcado dentro das actividades do Día Mundial da Visión. Este encontro terá lugar na Fundación Granell ás 19:00 horas deste martes. Tamén participaron na rolda de prensa Lourdes Díaz, presidenta da Asociación Tiresias Galicia; José María Casado, presidente da Asociación Visión-España, e Antonio Felpeto, participante no taller de fotografía Cores Marcianas. Todos eles coincidiron na necesidade...