TURISMO
Turismo de Santiago participa en Turexpo co obxectivo de consolidar a recuperación turística da cidade
A entidade municipal de promoción turística reunirase con profesionais do mercado español e dos principais mercados europeos, Portugal, Alemaña e Reino Unido.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais oferta máis de 2500 prazas nas actividades para o curso 2021-2022
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, deu conta hoxe en rolda de prensa da programación dos centros socioculturais para a temporada 2021-2022, así como das actividades específicas doutros espazos dos centros como a Biblioteca José Saramago e as Aulas de Xogo, sen esquecer a Semana Cultural de Conxo. Un repaso polas preto de 2500 prazas ofertadas do programa de actividades, cuxo prazo de preinscrición estará aberto do 7 ao 17 de setembro.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival C pecha a súa segunda edición con máis de 50 espectáculos e case 2.000 asistentes
A programación incluíu función de teatro e danza, obradoiros de circo, proxeccións de cinema na rúa, itinerarios e laboratorios de creación sonora, concertos, exposicións, recitais de poesía, conversas e videomappings.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais
O programa, que forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago, foi presentado esta mañá polo alcalde, polas técnicas de proxectos da empresa Implictum, Raquel Piñeiro e Tania Aira, encargadas do seu desenvolvemento, e pola técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado.
ACCIÓN CULTURAL66
O xornalista Omar Khan impartirá un obradoiro gratuíto de crítica da danza ao abeiro das actividades da Noite do Patrimonio
Este obradoiro en liña está aberto a residentes das 15 cidades españolas Patrimonio da Humanidade, entre as que se atopa Santiago de Compostela. As solicitudes de participación deben enviarse antes do 6 de setembro a danza@susyq.es
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC sae á rúa para debater sobre as múltiples forma de lectura na post-pandemia
A Semana do Libro de Compostela celebrará a súa quinta edición do 10 ao 19 de setembro. Coas restricións precisas pola pandemia, a SELIC regresa coa intención de atender os cambios permanentes na sociedade e na cultura, e coa vontade de abrir unha liña de pensamento sobre o mesmo acto de ler. Haberá un espazo con casetas de librarías e editoriais na rúa, no que decorrerán a maioría das actividades deste ano. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes...
COMERCIO
Volven as actividades de dinamización comercial da campaña Eu Merco Aquí as primeiras fins de semana de mes de setembro a decembro
Todas as primeiras fins de semana de cada mes, comezando este venres 3 e sábado 4 e ata decembro, volven as actividades de rúa que se iniciaron en xuño coa celebración do Prima21, incluídas na máis ampla campaña de dinamización comercial Eu Merco Aquí.
ALCALDÍA
O Concello súmase á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio da Unesco
O Concello de Santiago, a través do seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, deu o seu apoio á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio Mundial da Unesco, proposta impulsada por acordo dos órganos directivos da CEC. Foi no transcurso dun encontro que o presidente da Confederación, Antonio Fontenla, mantivo este mércores, 1 de setembro, co rexedor compostelán.