BENESTAR SOCIAL

O Urbana tecerá unha rede social comunitaria no norte da cidade

13/12/2010

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou o Programa de dinamización social, igualdade de oportunidades e de formación e educación de colectivos en risco de exclusión, encadrado na iniciativa Urbana Santiago Norte. Este proxecto permitirá por en marcha actuacións en materias como o apoio, acollida e integración de inmigrantes ou de dinamización sociocultural e integración para o colectivo xitano.

Ler máis

CULTURA

Galaxia publica tres novos títulos da Biblioteca Compostela

13/12/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou en rolda de prensa os tres novos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina este departamento. No acto tamén estiveron presentes Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, director e editor respectivamente da Editorial Galaxia, que publica esta colección.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde pide un compromiso claro de continuidade das obras da Cidade da Cultura en 2014 e de construción das súas conexións

10/12/2010

Tras o anuncio da apertura dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura o 12 de xaneiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recordou que o Concello "reivindicamos dende hai tempo que a única maneira de pola en valor é abríndoa". Non obstante, segue a considerar que "sen conexións exteriores, a Cidade da Cultura estará coxa".

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "Santiago será a cidade con máis solo empresarial de Galicia en 2012"

10/12/2010

Cos novos polígonos industriais de Formarís (SUNP-38) e Costa Vella (SUNP-37.3), a cidade terá en 2012 sete parques empresariais que totalizarán 4.200.000 metros cadrados, que a converterán na "cidade de Galicia, con diferenza, con máis solo empresarial", en palabras do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A urbanización destes dous polígonos e da rotonda de conexión coa N-550 suporá un investimento de 19.077.204 euros.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Recoñecemento da cidade aos 50 anos de traballo de Teatro de Cámara Ditea

10/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lle rendeu a Teatro de Cámara Ditea, con motivo do seu 50 aniversario e pola súa contribución nestes anos á cidade. Pola mesma razón, inaugurouse na Casa das Asociacións de Cornes a mostra 50 anos do Teatro de Cámara Dítea. Estará aberta ata o 13 de xaneiro.

Ler máis

CULTURA

Cineuropa consolida o seu éxito de público

10/12/2010

A XXIV edición de Cineuropa vén a consolidar o éxito de público do festival. O número de afeccionados que acudiron aos pases de películas e se sumaron ás actividades complementarias programadas acadou os 31.874 participantes, segundo os datos facilitados polo director do Festival, José Luis Losa.

Ler máis

ALCALDÍA

Un traballo sobre indumentaria e fala e outro sobre a figura do gaiteiro gañan o XIV Premio Antonio Fraguas

10/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de entrega dos galardóns do XIV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Tradicional Galego, organizados pola Asociación do Traxe Galego en colaboración coa Concellería de Cultura e co Centro Comercial Compostela. José Rodríguez Cruz, de A Gudiña (Ourense), co seu traballo Indumentaria e fala, e Félix Boullosa Curra, de Marín (Pontevedra), con O gaiteiro. Seu traxe, foron os triunfadores.

Ler máis
Compartir: