OBRAS
O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña completan a primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas
O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña colaboran na rehabilitación da Casa das Máquinas de Compostela, exemplo de arquitectura industrial e un dos edificios modernistas máis singulares da cidade. As tarefas levadas a cabo no inmoble contaron cun orzamento de 252.056,73 euros, dos cales 201.645,38 euros foron aportados polo ente provincial.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A II Feira de Outubro de Emprendedoras de Compostela profundará na innovación social no emprendemento
Innovación social no emprendemento é a temática escollida para a segunda edición da Feira de Outono de Emprendedoras de Compostela, unha iniciativa que conta coa colaboración da USC e que promove a Oficina de Promoción Económica do Concello, dependente da Alcaldía. O seu obxectivo é achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na contorna máis próxima. O encontro celebrarase os...
ACCIÓN CULTURAL
"A cor das palabras" reprograma catro encontros no cinema Numax que permitirán descubrir o proceso creativo dunha obra cinematrográfica
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e Xan Gómez Viñas, programador do Cinema Numax, presentaron os contidos dos próximos encontros de "A cor das palabras", organizado polo concello de Santiago e Numax. Son catro xornadas que se desenvolverán no cinema Numax os días 17 de outubro, o 7 e o 22 de novembro, e o 13 de decembro, e que tratan sobre a incorporación de efectos sonoros á grabación a través do método de Jack Foley; o proceso creativo dunha obra cinematográfica; a...
ACCIÓN CULTURAL
En outubro comeza o novo curso de música galega impartido por aCentralfolque en distintos Centros Socioculturais da cidade
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón participou no acto de presentación do novo curso de música galega que organiza aCentralfolque; xunto a Mauro Sanín, coordinador da Escola de Música da entidade; e a Paulina Ceremuzynska, mestra de canto e técnica vocal. As distintas accións formativas, que contan co apoio do concello de Santiago, desenvolveranse a partires de outubro en diferentes centros socioculturais da cidade. Están pensadas para todos os públicos, abarcan diversas especialidades, e impartiranse a nivel...
TURISMO
Expertos en Turismo e Novas Tecnoloxías en tempos do Covid-19 imparten un curso dirixido ao sector local
Turismo de Santiago, co obxecto de fomentar a adaptación do sector turístico local á nova situación xerada polo Covid-19, organiza un curso gratuito sobre Turismo e Novas Tecnoloxías dirixido a todo o sector. O encargado de coordinar o curso é o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (Cetur) da Universidade da Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde anima a non baixar a garda nestas vindeiras semanas para poder manter a "estabilización" de casos activos de COVID
Segundo a información distribuída pola Xunta de Galicia, o concello de Santiago atópase en zona laranxa en canto a casos activos de COVID-19, o que require, en palabras do rexedor compostelán, dun esforzo e de responsabilidade por parte de todos porque "pasar a vermello sería unha moi mala noticia", en especial para sectores vinculados ao turismo.
URBANISMO
A proposta municipal de rehabilitación para a rúa da Caramoniña recibe o premio do Concurso de Arquitectura Driehaus
A proposta municipal de rehabilitación para a rúa da Caramoniña acaba de recibir un dos galardóns do Concurso de Arquitectura Driehaus, que se entregaron xunto aos Premios das Artes da Construción no salón de actos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, en Madrid, nunha cerimonia presidida polo Secretario Xeral de Axenda Urbana e Vivenda, David Lucas, con aforamento restrinxido e cumprindo con todos os protocolos sanitarios. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agradeceu a distinción.
PLENO
Os festivos locais para o 2021 serán os días da Ascensión e de San Roque
O pleno da corporación, nunha sesión extraordinaria celebrada hoxe, determinou os festivos locais para o vindeiro ano. Nesta ocasión volven ser o día da Ascensión, que en 2021 será o 13 de maio, e o 16 de agosto, San Roque.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co arquitecto Souto de Moura
Xosé Sánchez Bugallo mantivo esta mañá unha xuntanza co arquitecto portugués Eduardo Souto de Moura no Pazo de Raxoi, no que tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
PARQUES E XARDÍNS
Homenaxe ao intelectual e científico Andrés Comerma i Batalla co descubrimento dunha placa no Parque das Ciencias
Santiago de Compostela recorda, cunha placa no Parque das Ciencias, ao intelectual Andrés Comerma i Batalla, enxeñeiro, farmacéutico, escritor e académico. Descubrírona a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, José Manuel Lema Rodicio; e Ángela Muñoz Crego, bisneta do homenaxeado, nunha xornada na que se conmemora o Día das Ciencias en Galicia.