MEDIO AMBIENTE

O Concello recolle as árbores de Nadal

07/01/2009

Como cada ano, rematado o Nadal, a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración con Protección Civil, pon en marcha unha campaña para a recollida das árbores de Nadal. Os cidadáns poden facer uso deste servizo ata o 16 de xaneiro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Vinte e dúas empresas benefícianse das axudas para novos negocios da Concellaría de Promoción Económica

07/01/2009

Ata 22 proxectos empresariais beneficiaranse da liña de Axudas para a creación de novas empresas da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Esta convocatoria enmárcase no programa de promoción do emprendemento Compostela Activa 2008, que ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.

Ler máis

TRANSPORTES

A liña 7 do transporte urbano entre San Roque e Aríns conta cun novo vehículo

02/01/2009

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo o percorrido entre San Roque e Aríns na estrea do novo autobús que cubre este liña de transporte urbano, a número 7. O Concello e a operadora de Transportes Mosquera apostan por unha clara mellora do servizo coa adquisición deste vehículo, que tivo un custo de 263.000 euros.

Ler máis

CULTURA

Remata Todo Lírica 2008 cun concerto con sabor galego

02/01/2009

Remata Todo Lírica 2008 cun terceiro recital con claro sabor galego, grazas á presenza de novo do pianista vigués Borja Mariño acompañando a Borja Quiza, novo barítono coruñés de 26 anos de idade, de crecente reputación e prometedora carreira internacional. O concerto será o sábado 3 de xaneiro no Teatro Principal.

Ler máis

CONSORCIO

O Concerto de Reis no Auditorio de Galicia será a beneficio da Fundación Meniños

02/01/2009

O tradicional Concerto de Reis, o luns 5 de xaneiro ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia, terá un marcado carácter solidario. Os fondos recadados polo despacho de billetes desa noite serán entregados á Fundación Meniños, organización independente e sen ánimo de lucro que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social.

Ler máis
Compartir: