POLÍTICAS SOCIAIS
O Principal acolle este domingo a XIII edición da gala solidaria "Implícate"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou este mércores a décimo terceira edición do festival Implícate. Noite de música e palabra solidaria, desenvolvido pola ONGd Implicadas no Desenvolvemento. Xunto á concelleira estiveron María Reimóndez, fundadora da ONGd; a poeta Yolanda Castaño, que conducirá o festival xunto ao xornalista Mon Santiso; a escritora Verónica Martínez Delgado e o artista teatral e monologuista Isi, ambos os dous tamén participantes na...
PATRIMONIO
Presentado o programa de actividades do 25 aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Vén de presentarse en Ibiza o programa de actividades previsto para celebrar o 25 aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de españa, que engloba as cidades de Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
CONVIVENCIA
A campaña "Ti controlas, ti decides" concienciará a máis de 700 escolares dos perigos do alcohol e das drogas ao volante
O Salón de Actos do IES Xelmírez I acolleu esta mañá o acto de presentación da campaña "Ti controlas, ti decides", impulsada pola Policía Local coa colaboración dos Bombeiros, Protección Civil e o 061. Contou coa participación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e nel, a Policía Local de Santiago procura conseguir que a mocidade sexa consciente, nunha linguaxe próxima e impactante, dos perigos da condución asociada ao consumo de alcohol e outras substancias.
DEPORTE
Vinte e dous rapaces e rapazas de Santiago poderán pasar catro días na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a quinta edición da Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña, que permitirá a 22 rapaces e rapazas de Santiago (nados/as entre 2003 e 2007) gozar de catro xornadas na estación invernal de Cabeza de Manzaneda do 9 ao 12 de marzo. O prazo de inscrición remata o martes 16 de xaneiro.
PATRIMONIO
Santiago participará en Salamanca nun seminario sobre a xestión do Patrimonio Mundial
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e a Universidade de Salamanca organizarán do 22 ao 24 de xaneiro un seminario co título "A xestión do Patrimonio Mundial. As Cidades Patrimonio da Humanidade de España". Santiago de Compostela estará representada neste encontro, que se enmarca na programación do VIII centenario da Universidade de Salamanca e que conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e o Concello de Salamanca.
NADAL
Case 120.000 persoas participan nas actividades programadas polo Concello durante este Nadal
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fixo esta mañá un balance da afluencia ás actividades programadas polo Concello durante este Nadal. Tal e como sinalou Novoneyra, "estamos moi satisfeitos e satisfeitas da acollida que tiveron as accións, non só polo número de persoas participantes, senón tamén polo retorno que tivemos ao longo das festas".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Programa de Conciliación de Nadal introduciu a 30 nenos e nenas nas tradicións de varios países nestas datas
O pasado 5 de xaneiro rematou outra edición do Programa de Conciliación de Nadal, que se realizou no CEIP das Fontiñas durante nove xornadas das vacacións escolares destas datas. Nesta edición participaron 30 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Educación realizou obras durante o Nadal nos colexios Monte dos Postes, Vite e Quiroga Palacios
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, xunto coa técnica do Departamento Susana Papín e o responsable da empresa de mantemento Espina e Delfín, visitaron varios centros escolares da cidade co obxecto de comprobar persoalmente as obras executadas durante as vacacións do Nadal nos colexios Monte dos Postes, Vite e Quiroga Palacios.
CONSORCIO
O prestixioso trompetista venezolano Pacho Flores toca por primeira vez coa Real Filharmonía de Galicia, coa que estreará unha obra súa
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro terá lugar o xoves 11, na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación, tamén ás 20:30 horas. E o sábado ofrecerá un concerto no Palacio da Ópera da Coruña, ás 20:00 horas. A batuta levaraa o mestre venezolano Manuel Hernández-Silva, colaborador habitual da RFG e actual director titular e artístico da Orquesta ...
NADAL
O Concerto de Reis da Banda Municipal e da Escolanía da Catedral poñen punto final á programación de Nadal
A programación de Nadal de Compostela chega ao seu fin mañá domingo e faino da man da Banda Municipal de Música e da Escolanía da Catedral, que encherán de música o Teatro Principal no Concerto de Reis.