UMAD
O xuíz de menores Emilio Calatayud dará unha charla a mozas e mozos composteláns
Emilio Calatayud, xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, coñecido polas súas sentenzas educativas, estará en Santiago de Compostela o venres 20 de abril. Ás 10:15 horas será recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi, e a continuación, entre as 11:00 e as 12:30 horas, ofrecerá na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde) unha charla sobre os dereitos e deberes dos novos no ámbito da Lei do Menor.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Homenaxe aos presidentes da asociacións de veciños "Raigame" e "Ponte Sionlla"
Xaquín Mato Castro, presidente da asociación "Raigame" do Ensanche, e María Cruz Vázquez Veiga, máxima responsable da asociación "Ponte Sionlla" de Enfesta, serán homenaxeados polo Concello de Santiago, nunha cea presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o venres 20, ás 21:30 horas, no restaurante Castro (lugar de Formarís).
ALCALDÍA
A Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencias reúnese en Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos participantes no XVIII Congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencia e Emerxencias (SEMES). Celébrase do 19 ao 21 de abril en Santiago e no Barbanza.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Equal Compostela Social reúne a máis dun cento de técnicos de emprego de España, Italia, Grecia e Polonia
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, e os alcaldes de Ames, Carlos Fernández; Teo, Armando Blanco; e Val do Dubra, Juan Baleato presentaron o Encontro internacional para o desenvolvemento local desde a transversalidade de xénero, que se celebra do 18 de abril ao 20 de abril nos Concellos de Santiago, Ames, Teo e Val do Dubra. As xornadas enmárcanse dentro do proxecto Equal Compostela Social.
ALCALDÍA
Unha proba atlética xuntará en Santiago a uns 500 empregados de Correos
Santiago será a sede o 3 de maio dunha singular proba atlética, na que participarán preto de 500 empregados de Correos. Unha delegación de Correos e de representantes do mundo do atletismo explicoulle ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, os pormenores desta carreira.
TURISMO
Santiago e Lugo traballarán "en rede" para impulsar o fluxo de turistas entre ambas cidades
Os alcaldes de Santiago e de Lugo, Xosé A. Sánchez Bugallo e Xosé López Orozco mantiveron un encontro no que acordaron poñer en valor as rutas das Cidades Patrimonio do Eixo Atlántico e das cidades que formaron parte do Antigo Reino de Galicia.
EDUCACIÓN
O teatro achégase aos institutos un ano máis
Os salóns de actos dos institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I acollen do 18 ao 27 de abril o XII Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación e Mocidade e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago.
LINGUA
Chega a fase final de "Tíralle na lingua"
"Tíralle da lingua" alcanza a fase final da súa VII edición, na procura do uso oral normalizado do idioma galego entre os máis novos. A iniciativa, promovida pola Concellaría de Política Lingüística en colaboración coa Asociación Pedagóxica Galega (AS-PG) conclúe no Teatro Principal os días 18 e 19 de abril.
EIXO ATLÁNTICO
A arte e a cultura das dezaoito cidades do Eixo Atlántico recollida nunha colección literaria
O Eixo Atlántico presentou no Concello de Santiago de Compostela a colección "Arte e cultura no Eixo Atlántico". Trátase de unha colección singular de libros de alta calidade que recompila por primeira vez toda a arte e a cultura das dezaoito cidades que configuraN o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nunha obra única. Esta conxuga o rigor científico e unha esmerada exposición, nunha clara linguaxe comprensible para todo o público.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico e o grupo Milladoiro asinan un contrato para a elaboración un traballo discográfico
O grupo Milladoiro e o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular coproducirán un traballo discográfico baixo o título provisional de "A Quinta das Lágrimas". O alcalde e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os integrantes da formación asinaron o contrato de cooprodución.