URBANISMO E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello reurbanizará Quiroga Palacios

14/02/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que o seu Departamento acometerá nos vindeiros meses a reurbanización da rúa Quiroga Palacios. Así llo comunicou aos representantes das asociacións veciñais Amigos de San Pedro e A Xuntanza, do barrio de San Pedro. A edil compareceu en rolda de prensa acompañada de Cecilia Sierra, concelleira de Seguridade Cidadá en funcións, quen ofreceu o balance de danos do último temporal de vento e chuvia.

Ler máis

CULTURA

Joaquín Reyes presenta o seu espectáculo "¡Que me aspen!" dentro do ciclo Falabaratos

14/02/2014

Joaquín Reyes estará este sábado en Compostela dentro do ciclo Falabaratos. O cómico albaceteño presentará o seu último espectáculo, ¡Que me aspen!, cheo de novidades e sorpresas, ás 20:00 horas no Teatro Principal. As entradas, a 20 euros (15 € no anfiteatro), poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.novagaliciabanco.es ou no 902 434 443.

Ler máis

CULTURA

Rock ruso na Zona C da man de Motorama

14/02/2014

Dende unha das escenas musicais más descoñecidas de Europa, a rusa, chega por primeira vez a Galicia Motorama. Será este domingo, a partir das 20:30 horas, na Zona C, enmarcado dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas teñen un custo de 9 euros anticipada e 12 o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en Ticketea, A Reixa Tenda e na propia Zona C o día do concerto dende as 19:00 horas.

Ler máis

TURISMO

Aberto Retro Galicia 2014, IV Salón do Vehículo Clásico e de Época

14/02/2014

O recinto feiral de Amio recibe un ano máis os afeccionados ao motor de Galicia e norte de Portugal os días 14, 15 e 16 de febreiro en Retro Galicia 2014, IV Salón do Vehículo Clásico e de Época. A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados colabora con este certame, organizado pola empresa Eventos del Motor.

Ler máis

CULTURA

Xacarandaina presenta "Galizien Amerika Linie", danza tradicional galega e emigración

13/02/2014

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou en rolda de prensa o espectáculo Galizien Amerika Linie, de Xacarandaina, que poderemos ver no Auditorio de Galicia este domingo, 16 de febreiro, ás 20:00 horas. Fíxoo acompañado de Henrique Peón, director e coreógrafo do espectáculo. As entradas para este evento, enmarcado no ciclo Teatro & Danza, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas); en

Ler máis

CULTURA

A diva alemá Ute Lemper canta a Pablo Neruda dentro do ciclo Sons’14

13/02/2014

Ute Lemper, unha das artistas internacionais de maior relevancia na actualidade, vista Santiago para presentar o seu novo disco, Forever: the love poems of Pablo Neruda. Será este venres, 14 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco, dentro do ciclo Sons’14. As entradas para o concerto teñen un prezo de 25 euros no patio de butacas e 1º anfiteatro e 20 euros no 2º anfiteatro. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas), en

Ler máis
Compartir: