ACCIÓN CULTURAL
Cristina Morales e Miguelanxo Prado abren a programación da SELIC
A música de Christina Rosenvinge e João Afonso combínase coa literatura na sétima edición do festival que se desenvolverá entre o 9 e o 18 de xuño en Santiago. Serán moitos os nomes que pasarán pola carpa da SELIC na Quintana, non só do panorama galego senón tamén estatal.
EDUCACIÓN
Máis de 130 escolares participan este domingo no XVI Certame Intercentros "Compostela en Danza"
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acollerá este domingo 11 de xuño ás 19:00 horas, a XVI edición do Certame de Danza Intercercentros "Compostela en Danza", organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago. Un total de 130 escolares de entre 3 e 18 anos, pertencentes a 6 colexios, porán en escena 14 coreografías de moi diversos estilos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A igualdade de oportunidades e a cohesión social centrarán a temática do 5º Encontro Emprendedor
O ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa vindeira cita o día 20 de xuño, ás 10:00 horas no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicada a listaxe de prazas adxudicadas para as "Cativadas de verán" dos Centros Socioculturais de Santiago
O Concello de Santiago acaba de publicar a listaxe das prazas adxudicas e de agarda para participar no programa de conciliación das Cativadas de verán que se vai desenvolver na Rede de Centros Socioculturais durante as vacacións do mes de xullo. A partir de mañá abrirase un primeiro prazo extraordinario para cubrir as prazas que permanecen vacantes nos CSC do Ensanche, Castiñeiriño, Nemenzo e Lavacolla.
TURISMO
A praza de Mazarelos acollerá o día 23 unha nova edición do Festival de San Xoán
O "Tren Cacharelo" circulará de balde na tarde do xoves 23 de xuño con paradas nos barrios onde se organizan algunhas das cacharelas veciñais máis populares.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC leva o protagonismo do papel ao directo
O Festival da Lectura desenvolverase na praza da Quintana do 9 ao 18 de xuño e contará coa presenza de 14 editoras, 7 librarías e 4 institucións. Como novidade este ano estrease a sección SELIC Criminal que nace coa vontade de converterse en referencia da novela negra a nivel ibérico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Museo máis pequeno da cidade continuará exposto nos comercios de Compostela ata o 14 de xullo
Os establecementos comerciais da nosa cidade seguirán expoñendo nos seus escaparates os 55 traballos artísticos realizados pola veciñanza no marco da iniciativa "O Museo máis pequeno da cidade" ata o 14 de xullo. Esta iniciativa, impulsada pola Rede de Centros Socioculturais en colaboración coa Concellería de Comercio, está a ter unha moi boa acollida tanto entre a veciñanza como entre os visitantes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento de viais e parcelas de titularidade municipal do rural
A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, acordou adxudicarlle, o contrato do "Servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" á empresa Obras y Viales de Galicia SL, por un importe de un millón de euros, divididos en dúas anualidades.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba as bases das axudas ao fomento do deporte federado
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases da "Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2023". A súa finalidade é a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, co obxecto de financiar, en parte, os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas establecidas nos correspondentes calendarios oficiais das federacións autonómicas e nacionais. Estas axudas contan cun orzamento de 308.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 3 de xuño en Oia, vítima de violencia machista.