TURISMO
Míriam Louzao reitera a necesidade de seguir avanzando cara a un turismo consciente, responsable e sustentable no tempo
A concelleira de Turismo compartiu os datos achegados pola oficina de peregrinos que indican un incremento de 20.000 peregrinos chegados a Compostela con respecto á mesma data do ano pasado, o que supón unha suba do 9%. Míriam Louzao valorou positivamente estas cifras e reafirmou a necesidade de seguir traballando cara a un "novo modelo turístico" baseado "nun turismo consciente, responsable e sustentable no tempo" coa posta en marcha de iniciativas como o Código de Boas Prácticas ou a aplicación da taxa turística.
CAPITAL CULTURAL
O festival Feito á Man 2023 encherá de música ao vivo as rúas e prazas da cidade vella compostelá
A XX edición do festival Feito á Man de Santiago de Compostela, que encherá de música ao vivo as rúas e prazas da cidade vella, celebrarase do 3 ao 24 de agosto e contará con máis de corenta propostas artísticas de diferentes estilos musicais.