MOBILIDADE
Case 2.000 escolares pasarán polo Parque de Educación Viaria de Amio durante os meses de marzo e abril
O Parque de Educación Viaria instalado no recinto feiral de Amio recibirá nestes meses de marzo e abril a visita de máis de 1.900 alumnos procedentes de 24 centros educativos de Compostela. O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, achegouse esta mañá a Amio para coñecer de primeira man as actividades educativas desenvolvidas pola Policía Local.
MOBILIDADE
Preséntase o anteproxecto do trazado de carril bici entre a rotonda do Milladoiro e a Volta do Castro
Os alcaldes de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e de Ames, Blas García, presentaron o anteproxecto "Trazado de carril bici na SC-20 entre a rotonda do Milladoiro e a de Volta do Castro". Os dous rexedores, xunto ao concelleiro de Barrios e Obras de Compostela, Javier Fernández; e a concelleira de Tráfico e Mobilidade de Ames, Beatriz Martínez; destacaron que se trata dun proxecto necesario, que ten como obxectivo humanizar e mellorar a mobilidade entre ambos muncipios.
CIDADES PATRIMONIO
San Cristóbal de La Laguna acolle a celebración da Asemblea de alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, celébrase en San Cristóbal de la Laguna o vindeiro sábado 19 de Marzo, coa asistencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
DEPORTES
Máis de 350 atletas participarán este sábado na XIX edición do Dúatlon Cidade de Santiago
A concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, acompañada por Brais Otero Lestón, tesoureiro do Club Tríatlon Santiago, presentou hoxe os detalles do XIX Dúatlon Cidade de Santiago e do XXII Dúatlon Escolar Cidade de Santiago, que terán lugar o vindeiro sábado 19 de marzo nas inmediacións do Estadio Municipal Verónica Boquete. Os dous torneos están organizados polo Club Tríatlon Inforhouse Santiago e pola Federación Galega de Tríatlon, coa colaboración do Concello de Santiago.
MEDIO RURAL
Arranca nos Centros Socioculturais do rural o obradoiro de risoterapia "Que farta de rir"
Dende hoxe e ata o 4 de maio desenvolverase en varios Centros Socioculturais do rural, o obradoiro de risoterapia "Que farta de rir", organizado polas concellerías de Igualdade e de Medio Rural e que está dirixido principalmente ás mulleres que acoden aos CSC do rural de Compostela.
TURISMO
Turismo de Santiago incorpora á súa web Santiguau, coas opcións Dog Friendly da capital galega
Esta iniciativa pretende dar resposta así á demanda existente de ter localizados os locais que aceptan mascotas, así como plans para facer con animais. O concelleiro de Turismo Sindo Guinarte presentou esta novo servizo nunha rolda de prensa que contou coa presenza da actriz e presentadora Sara Escudero.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Ceuta, vítima de violencia machista.
SEGURIDADE E MOBILIDADE CIDADÁ
Quinto ano consecutivo sen falecidos nas estradas de Santiago
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, acompañado polo inspector da Policía local José Antonio Pena, presentou esta mañá en rolda de prensa o balance de actuacións da Policía Local no ano 2021, que rematou sen contabilizar ningún falecido en accidente de tráfico, unha tendencia que se mantén por quinto ano consecutivo, desde o 2017.
ACCIÓN CULTURAL
"Alguén que respira" recupera o seu formato e ofrecerá un programa único para celebrar en marzo o Día da Poesía do 2022
"Corpos, disidencias, desexo" é o lema da nova edición do festival impulsado polo Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago, que reunirá a algunas das voces máis activas da esculca identitaria nas últimas décadas, desde Luís Muñoz e Alejandro Palomas a Luís Antonio de Villena, pasando por Carlos Callón, Elizabeth Duval, Blanca Haddad, Paula Luís, Teresa Moure, Xavier Queipo ou Rodrigo Cuevas, ademais de Miren Agur Meabe, Miguel Anxo Fernán Vello, Antón Reixa, Marga...
EDUCACIÓN
Mañá martes arranca o XI Ciclo de Sesións Didácticas da Escola de Música, dirixido aos centros de educación infantil e primaria
A Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música (EMM), pon en marcha, por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos pequenos e pequenas da rede de centros educativos do Concello de Santiago.