ALCALDÍA
O alcalde apela á "sensatez" na utilización das terrazas e advirte das consecuencias "terribles" dunha volta atrás
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, ofreceu hoxe unha rolda de prensa na que analizou diversos aspectos do proceso de desescalada no municipio, como o uso das terrazas, a situación do transporte público e privado ou o réxime de estacionamento regulado.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Goberno local reitera a recomendación da circulación peonil pola dereita da vía
O Concello de Santiago vén de completar a segunda fase de colocación de sinalización para peóns coa recomendación de camiñar pola dereita para así facilitar que se garden as distancias de seguridade e evitar contaxios do COVID-19. Estas mensaxes están situadas en diversas rúas do Ensanche e na Alameda. Tamén se están sinalizando as beirarrúas con sentido único.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello edita o libro "A derrota do Scórpio. Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero" con motivo do Día das Letras Galegas
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o libro A derrota do Scórpio. Un paseo por Santiago con Ricardo Carvalho Calero. Con esta edición, o Concello de Santiago quere renderlle unha pequena homenaxe con motivo do Día das Letras Galegas ao profesor, escritor e galeguista.
ALCALDÍA
O delegado do Goberno comunica ao alcalde a ampliación dos prazos do Xacobeo 2021, que continuará en 2022
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mantiveron este venres unha xuntanza telemática, na que este lle explicou ao rexedor a ampliación dos prazos do Xacobeo 2021, que continuarán en 2022. Así o acordou o Executivo en Consello de Ministros, por iniciativa do Ministerio de Cultura e Deporte a través do seu titular, José Manuel Rodríguez Uribes.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais seguen celebrando as Letras Galegas
Coa conmemoración Día do Libro no mes de abril e das Letras Galegas neste mes de maio, os centros socioculturais puxeron en marcha baixo o hastag #dendeolibroataasletras e #AsletrasnaCasa un variado programa de accións online de animación á lectura que están a contar coa entusiasta participación de veciños/as dos barrios, tanto en familia como de modo individual. O Departamento de Centros Socioculturais agradece esta implicación da veciñanza e anima a seguir participando das iniciativas que a diario se.../em>
PLENO
A Corporación aproba un crédito extraordinario de 1,1 millóns de euros para atender gastos sociais derivados da crise sanitaria
O Pleno da Corporación reuniuse este xoves nunha sesión extraordinaria na que se deu conta da liquidación do orzamento municipal de 2019, que reflicte un superávit de 12,1 millóns de euros. Ademais, deuse o visto bo a dous expedientes de crédito: un por importe de 342.934 euros para facer fronte a obrigas e pagos pendentes do anterior exercicio, e outro de 1.145.754 euros para atender gastos sociais derivados da crise do COVID-19.
TURISMO
Turismo de Santiago lanza en redes sociais o vídeo promocional "Ultreia. Compostela Contigo"
Turismo de Santiago acaba de lanzar un novo vídeo promocional que xira arredor dunha cidade que bota en falta as persoas que a visitan e a percorren ao o longo do ano e que son parte da súa vida cotiá. O vídeo pode verse na páxina web da entidade de promoción turística municipal, www.santiagoturismo.com, e nas súas canles en redes sociais en Facebook,
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello suma novas rúas peonís no Ensanche esta fin de semana
O Concello pon en marcha esta fin de semana unha nova fase do Plan de peonalización do Ensanche, no marco das medidas para a desescalada da crise sanitaria motivada pola COVID-19. Así, este sábado 16 e domingo 17 de maio estarán pechadas ao tráfico de vehículos as rúas de Fernando III O Santo (no tramo entre a rúa da República Arxentina e a rúa da Rosa, a rúa Nova de Abaixo, a rúa de Santiago del Estero (dende a praza de Vigo) e a rúa de Santiago de Chile. Estas rúas únense ás de...
IGUALDADE
A Concellaría de Igualdade retoma o programa "Artellando Feminismo" con dúas xornadas presenciais e outras online
A Concellaría de Políticas de Igualdade retoma o programa Artellando Feminismo. Relatorios e obradoiros centran as accións reprogramadas, nas que hai que inscribirse e que se impartirán online a partir do 20 de maio.
CONCELLO
O Concello cumpre coas medidas consideradas prioritarias nas conclusións das sesións de traballo da Fundación Kaleidos.red
A Fundación Kaleidos.red, na que está integrada o Concello de Santiago, presentou hoxe as conclusións das sesións de traballo celebradas nas últimas semanas, protagonizadas pola crise sanitaria da COVID-19. Nesas conclusións, a entidade estableceu unhas prioridades inmediatas para os municipios. Son o mantemento dos servizos esenciais, campañas de comunicación apelando á responsabilidade cidadá ante a pandemia, vixilancia no cumprimento das medidas nas distintas fases de desescalada; redeseño do funcionamento dos...