XUNTA DE GOBERNO
Incentivos para a creación de negocios de proximidade no Casco Histórico
A Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras e a convocatoria das axudas á promoción de actividades empresariais na cidade histórica para a súa publicación no BOP. Así, ás axudas para a rehabilitación de locais comerciais propiamente ditas, engádese outra municipal para negocios dirixidos aos veciños que se instalen na améndoa histórica.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán recibe unha peregrinación de directivos de Siemens
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na praza do Obradoiro un grupo de peregrinos da empresa Siemens e do Cluster do Suroeste de Europa.
BENESTAR SOCIAL
"Abraza a túa cultura" fomentará a valoración da identidade de orixe do alumnado inmigrante de Compostela
Abraza a túa cultura é o título da nova campaña que a Concellería de Benestar Social e o Foro da Inmigración veñen de poñer en marcha. O seu obxectivo é fomentar a valoración por parte do alumnado inmigrante de Compostela da súa cultura de orixe a partir da música, os contos e as lendas.
TURISMO
A nova páxina web de Turismo de Santiago sitúa a cidade en Internet coma un destino moderno e innovador
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o novo servizo web de Turismo de Santiago, www.santiagoturismo.com, coa colaboración da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria e da Deputación da Coruña. Este novo sitio pretende posicionar a cidade na vangarda do uso das novas tecnoloxías para a promoción turística a través de Internet. A web está integramente en sete idiomas para...
MEDIO AMBIENTE
O Parque de Belvís acolle a I Feira de Outono do Mercado entre lusco e fusco
O martes 19, o Parque de Belvís acollerá I Feira do Outono do Mercado entre lusco e fusco, que se celebrará a partires das 18:00 horas no Centro de Interpretación Ambiental de Belvís.
ALCALDÍA
O Concello agradece ao Arcebispado a instalación dunha pantalla xigante na Praza Roxa con motivo da visita do Papa
O alcalde compostelán, Xosé A Sánchez Bugallo, agradece ao Arcebispado de Santiago en xeral e ao coordinador da visita do Papa a Santiago, Monseñor Salvador Domato, en particular, así como á Televisión de Galicia, a instalación dunha pantalla xigante na Praza Roxa, trala suxerencia realizada pola Alcaldía e a petición de diferentes sectores sociais da cidade, para que os composteláns da zona e os que decidan optar por este escenario poidan seguir a visita de Benedicto XVI.
ALCALDÍA
Ávila promociona o Camiño
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou no acto que levou a cabo no Obradoiro a Asociación de Amigos do Camiño de Ávila. Os seus compoñentes explicáronlle ao rexedor a súa iniciativa e as distintas etapas da peregrinación coas que tratan de promocionar o Camiño na provincia de Ávila.
ALCALDÍA
A ampliación da AP-9 en Santiago incluirá unha nova conexión co periférico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o proxecto de duplicación do tramo urbano da autopista AP-9 incluirá unha nova conexión co periférico, que permitirá enlazar coa autovía de Lavacolla e co polígono industrial da Sionlla. Está previsto que en novembro se aprobe o proxecto definitivo desta obra.
URBANISMO
EMUVISSA, dez anos facendo cidade
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA) cumpre dez anos xestionando solo e vivenda na cidade e sendo o instrumento principal da política municipal deste ámbito. Neste tempo, esta sociedade anónima de capital integramente municipal foi capaz de xestionar 900.000 metros cadrados de solo nos que se construíron máis de 4.500 vivendas de protección pública e 2.000 libres Para celebrar esta data, EMUVISSA preparou unhas xornadas sobre política de vivenda e dous concursos fotográficos, un de debuxo e...
CULTURA
Teatro de La Abadía leva ao Auditorio "Fin de partida", de Samuel Beckett
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais ofrece a posibilidade de ver producións de calidade procedentes de distintos lugares dentro do programa Teatro e Danza en Xira. Nesta ocasión programa unha das grandes obras de Samuel Beckett levada ao escenario por Teatro La Abadía, e dirixida por Krystian Lupa, un dos creadores máis lúcidos do noso tempo.