XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o inicio do expediente para a contratación das obras de reforma da Praza de Abastos
Na primeira sesión ordinaria de agosto, a Xunta de Goberno deu luz verde ao inicio da contratación das obras de reforma da Praza de Abastos, que contan cun orzamento de licitación de 518.000 euros. Tamén aprobou a concesión das axudas para a promoción e dinamización comercial por un importe de 85.000 euros e o inicio do expediente para a redacción do proxecto da obra de rehabilitación integral do complexo deportivo de Santa Isabel. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
ALCALDÍA
Xuntanza do goberno coa Unión de Consumidores de Galicia
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá na Alcaldía a Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, para abordar asuntos de interese para ambas entidades. Na xuntanza tamén estivo presente a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Comercio, María Rozas.
TURISMO
O Concello de Santiago remítelle á Xunta de Galicia unha proposta de proxecto de lei sobre a taxa turística
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, vén de remitirlle esta mañá ao presidente da Xunta a documentación sobre a taxa turística que, ademais dun exhaustivo informe sobre a súa aplicación práctica, inclúe a "Proposta de proxecto de lei do imposto sobre estadías turísticas en establecementos da Comunidade Autónoma de Galicia".
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 31 de xullo en Sevilla, vítima de violencia machista.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia selecciona un/unha director/a asistente para o ano 2024
A Real Filharmonía de Galicia abre un proceso de selección para a posterior contratación dun/dunha director/a asistente para o ano 2024. Ofrécese unha experiencia formativa en todos os aspectos prácticos do mundo musical profesional (dirección, programación, formación, relación con outras institucións artísticas…). A persoa seleccionada gozará dunha oportunidade para profundar e impulsar a súa carreira coma director/a profesional, baixo a mentoría do director artístico e titular da RFG,...
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
María Rozas asina o convenio de colaboración con Cruz Vermella para o programa de teleasistencia e a atención a persoas sen fogar
María Rozas vén de reunirse co presidente da Cruz Vermella en Santiago, José Luis Barreiro, e coa súa coordinadora, Leonor Silva, para falar das liñas de colaboración que a concellería de Dereitos e Servizos Sociais mantén abertas coa entidade. No transcurso da xuntanza quedou asinado o convenio de colaboración polo que o Concello lle fai á Cruz Vermella unha achega de 85.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 27 de xullo en Barcelona, vítima de violencia machista.
CAPITAL CULTURAL
Curtocircuíto celebra o seu 20º aniversario do 3 ao 8 de outubro
Curtocircuíto celebra vinte anos promovendo o cinema máis innovador dende Santiago de Compostela. O festival internacional de cinema reinvéntase: anuncia nova identidade visual e a nova sección "Cosmos".
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Instalada nova sinaléctica para lembrar a prohibición de circular en bicicleta pola rúa de San Pedro
O Concello vén de instalar nova sinaléctica en San Pedro para advertir da prohibición de circular en bicicleta pola rúa. As persoas que as utilicen deberán desviarse pola rúa da Angustia cara a rúa de Bonaval. Con esta medida, o Departamento de Mobilidade pretende mellorar a convivencia neste punto de entrada do Camiño de Santiago.
ALCALDÍA
O Goberno municipal reúnese coa Demarcación de Estradas para analizar o proxecto do Orbitaliño
Goretti Sanmartín, acompañada polos concelleiros de Mobilidade e de Urbanismo, Xan Duro e Iago Lestegás, mantivo onte unha xuntanza coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para tratar varios dos asuntos que preocupan e competen ás dúas administracións.