VIVENDA

Destacadas achegas para un proxecto piloto sobre vivenda social en aluguer

21/05/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou as Xornadas sobre vivenda social en aluguer no Centro Galego de Arte Contemporánea. Estas sesións de traballo, no marco do proxecto europeo SUITE, liderado por Santiago, achegan experiencias municipais e autonómicas na xestión deste tipo de vivendas, con vistas ao proxecto piloto que neste ámbito poñerán en marcha o Concello e EMUVISSA.

Ler máis

CULTURA

A exposición "1980-2010", de María Xosé Díaz, vólvese dixital

21/05/2010

A exposición 1980-2010, de María Xosé Díaz, que se pode ver actualmente no Auditorio de Galicia, xa conta co seu catálogo dixital. A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, foi a encargada de presentar o soporte, acompañada da artista e mais do comisario da mostra, Antonio Garrido.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago de Compostela acolle o V Encontro Thao, acto central do Programa Thao para frear a obesidade infantil

20/05/2010

O V Encontro Thao reune en Santiago a un centenar de profesionais, entre expertos en nutrición, pediatría e educación física, así como a responsables políticos e técnicos municipais procedentes de toda España, co obxectivo de avanzar na loita contra un dos problemas de saúde infantil máis grave na sociedade actual. Un de cada cinco nenos e nenas españois sufre exceso de peso, segundo datos do estudo que o propio Programa Thao realizou o curso pasado a máis de 17.000 escolares de entre 3 e 12 anos, en...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde anuncia a intervención de Tragsa para retirar 480 toneladas de lixo acumulado

20/05/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, solicitou á Delegación do Goberno en Galicia a intervención da empresa pública Tragsa para retirar 480 toneladas de lixo acumuladas nas rúas de Santiago a partir do vindeiro sábado 22. Esta mesma mañá, a Delegación do Goberno autorizaba a petición. A Xunta de Goberno facultouno para asinar os pertinentes convenios e contratos que permitirán esta actuación extraordinaria.

Ler máis

URBANISMO

A Comisión de Urbanismo aproba a modificación da Ordenanza municipal de ruídos e condicións dos locais

20/05/2010

A Comisión de Urbanismo, baixo a presidencia da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, aprobou a modificación da Ordenanza de ruídos e condicións dos locais. Nesta mesma sesión deuse o visto bo provisional da Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do SUD-7 (Vite de Arriba) e terreos limítrofes, onde se prevé a construción dun máximo de 174 novas vivendas, das que 134 serán libres e o resto de protección oficial.

Ler máis

CULTURA

"Platonov", do Centro Dramático Nacional, chega ao Auditorio de Galicia

20/05/2010

O venres 21 estréase no Auditorio de Galicia Platonov, obra representada polo Centro Dramático Nacional español. O espectáculo foi presentado nunha rolda de prensa na que a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director do Auditorio, Paulo Rodríguez, estiveron acompañados polos actores Pere Arquillué, Elisabet Gelabert e Mónica López.

Ler máis
Compartir: