ACCIÓN CULTURAL
Compostela homenaxea a Rosalía no 185 aniversario do seu nacemento
Por primeira vez na historia dedícase o 23 de febreiro á autora galega, tras a aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. No marco desta efeméride, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron a un acto de homenaxe á poeta compostelá que tivo lugar no bosque do Banquete de Conxo, coincidindo cos últimos días de votación para que o carballo compostelán se faga co título de Árbore...
ALCALDÍA
Santiago acolle a Asemblea xeral do Eixo Atlántico no 30 aniversario da entidade
Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, foi elixida presidenta do Eixo Atlántico na Asemblea Xeral celebrada hoxe en Santiago de Compostela coincidindo co 30º aniversario da entidade, como recoñecemento ao Camiño e ao sector turístico. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tamén participou na xuntanza na que se aprobaron o programa e os orzamentos para este ano.
FESTAS
As festas do Entroido volven ás rúas tras un ano de parón co tradicional desfile do Meco, actuacións musicais, atranques e pasarrúas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou este martes a programación do Entroido en Compostela que pouco a pouco volve á normalidade tras un ano de interrupción por mor da pandemia. Ademais das múltiples actividades que se desenvolverán polas rúas de Santiago, o Meco subirá ao Pazo de Bendaña este sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 2 de marzo, cando o boneco arderá na praza Roxa. Por contra, o tradicional desfile da tarde do martes de Entroido...
TURISMO
O Concello de Santiago colabora no I Encontro do Viño Galego Revera Vinum que contará coa participación de máis de 180 adegas
Santiago acollerá a primeira edición deste evento enolóxico que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo e ao que asistirán profesionais de prestixio como Rafael Palacios, Xosé Lois Sebio ou Eva Pizarro. O Encontro, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela co apoio do Concello, ademais doutras entidades, foi presentado esta mañá nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Turismo Sindo Guinarte.
OBRAS
Rematan as obras do aparcadoiro da Altiboia, que contará con cen prazas de estacionamento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, supervisou hoxe o remate das obras do aparcadoiro da Altiboia, dotado con 100 prazas de aparcamento, 66 normais, 30 reservadas para residentes e 4 para persoas con algún tipo de discapacidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o sábado en Martorell (Barcelona), vítima de violencia machista
MEDIO AMBIENTE
Milleiros de alumnas e alumnos de toda Galicia vólcanse co Carballo do Banquete de Conxo
No marco da campaña #VotaCarballo, o alumnado do CEIP Cardeal Quiroga Palacios preparou un vídeo en linguaxe inclusiva para promocionar o carballo compostelán na recta final das votacións para facerse co título de árbore de Europa. O Concello continúa tamén coas plantacións de árbores autóctonas na contorna de Santiago, nesta ocasión coa participación da empresa Viaqua que engadiu 325 carballos máis á zona do Polígono do Tambre, un acto que contou coa presenza do alcalde Xosé...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello remitirá á Consellería de Medio Ambiente a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental da parcela na que construirá a plataforma loxística de Mallou
O Concello de Santiago remitirá á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do "Plan especial de infraestruturas e dotacións na parcela de equipamento IA-8" para a implantación da plataforma loxística de Mallou, formulado de oficio polo Concello. Foi un dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, dos que informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo....
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases do "XV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados"
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases do "XV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados", que convoca o departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela coa editorial Kalandraka. O premio está dotado con 9.000 euros. Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.
ECONOMÍA E FACENDA
Os Orzamentos de 2022 contemplan unha partida para obras, no capítulo VI de investimentos, de 13,6 millóns de euros
O capítulo VI de investimentos do Orzamento do Concello de Santiago para o ano 2022 ascende a 16.833.034,39 euros. O groso desta partida, mais de 13,6 millóns de euros (sobre un 80,79%) destinarase a obras repartidas entre distintas concellarías, entre as que destacan Medio Rural, Barrios e Obras, e Contratación.