CULTURA

O Festival dos Abrazos publica un catálogo de espazos con textos de Marcos Calveiro, Paula Carballeira e Rosa Aneiros

24/08/2009

O Festival dos Abrazos publica nesta a súa segunda edición un catálogo de espazos da cidade con textos de Marcos Calveiro, Paula Carballeira e Rosa Aneiros. O Festival naceu como "unha mostra da creación contemporánea que ofrece unha ollada renovada sobre os espazos singulares de Compostela" e basea a súa filosofía na consciencia de que "a cidade configura un gran escenario con multitude de ambientes propicios para calquera espectáculo".

Ler máis

EMPREGO

Máis de 200 persoas que participaron en 2008 en programas de Promoción Económica accederon ao mercado laboral

20/08/2009

Ata 212 persoas que participaron en 2008 en distintos programas da Concellaría de Promoción Económica e Emprego accederon ao mercado laboral. A esta cifra, na que non están incluídas as 49 insercións acadadas polo Proxecto Crear V, rematado en abril de 2009, cómpre engadir as 204 ofertas de emprego tramitadas a través do Servizo de Intermediación Laboral.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A restauración da carballeira de Nemenzo recuperará un espazo de convivencia e lecer para a parroquia

20/08/2009

A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita ás obras de restauración e posta en valor da carballeira de Nemenzo. Esta actuación forma parte dun conxunto de intervencións no medio rural dirixidas á conservación e valorización do patrimonio natural e do construído, ademais de conformar espazos para o encontro e o lecer, como a intervención prevista en Verdía.

Ler máis

CULTURA

O son da txalaparta e os cantos nómades do deserto fúndense no concerto de Oreka Tx e Aziza Brahim

19/08/2009

O Festival dos Abrazos ofrece o xoves 20 outra oportunidade para presenciar un encontro intercultural nunha das prazas máis emblemáticas da cidade. Dous patrimonios musicais distantes fúndense na Quintana no concerto conxunto que darán Oreka Tx e Aziza Brahim ás 22:00 horas. Os txalapartaris máis coñecidos de Euskadi marcarán deste xeito o ritmo dos cantos nómades do Sháhara, nun concerto que ten como ferramentas a experimentación e a fusión e como obxectivo a interacción cultural.

Ler máis

ALCALDÍA

Un ano máis lembrando a Ánxel Casal

19/08/2009

Un ano máis, ao pé do monolito en memoria de Ánxel Casal situado en Cacheiras (Teo), celebrouse un acto de lembranza a quen fora alcalde de Santiago. O 19 de agosto de 2009 cúmprense 73 anos da aparición do seu corpo neste lugar.

Ler máis
Compartir: