EMPREGO

As "Actas das Xornadas técnicas de empresas de inserción laboral" analizan a utilidade destas iniciativas

25/01/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, presentaron a publicación Actas das Xornadas técnicas de empresas de inserción laboral. O libro recolle, a través das súas 125 páxinas, as intervencións e conclusións das Xornadas técnicas de empresas de inserción laboral, celebradas o 14 de decembro no Pazo de Exposición e Congresos.

Ler máis

ALCALDÍA

Ponse en marcha o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas

23/01/2010

O Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas dos Aeroportos da Rede de Aena en Galicia bota a andar tras a sinatura en Santiago do convenio polo se que se crea. Este organismo ten o obxectivo de aunar esforzos para o crecemento do tráfico aéreo en Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

A nova cartografía do Camiño de Santiago guiará os peregrinos no Xacobeo

23/01/2010

O ministro de Fomento, José Blanco, escolleu o Pazo de Raxoi para presentar a nova colección cartográfica do Camiño de Santiago realizada polo Instituto Geográfico Nacional (IGN). Destinada fundamentalmente aos peregrinos que durante 2010, Ano Xacobeo, pretendan percorrer o Camiño, subministra toda a información necesaria na planificación do percorrido.

Ler máis

CULTURA

A Biblioteca Compostela suma catro novos títulos de literatura contemporánea europea

22/01/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o director de edicións da editorial, Carlos Lema, presentaron os títulos publicados en 2009 e os vindeiros lanzamentos da Biblioteca Compostela, a colección de literatura contemporánea europea editada por Galaxia co apoio da Concellería.

Ler máis

ALCALDÍA

O conselleiro de Cultura comprométese a reaxustar a promoción do Xacobeo 2010 e a reunirse coas entidades cidadás

22/01/2010

Na súa visita a FITUR, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación do Xacobeo 2010 no pavillón de Galicia, tras a cal mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Este ratificou a súa vontade e o seu compromiso de reaxustar a promoción do Xacobeo, dándolle ao Camiño de Santiago, á capital galega e ao Ano Santo o protagonismo que lles corresponde. Este axuste xa está en curso, segundo Varela explicou a Bugallo.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Servizo de Apoio á Empresa de Promoción Económica atendeu 420 consultas en 2009

21/01/2010

O Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo atendeu 420 consultas en 2009, procedentes de 198 usuarios, dos que 103, o 52%, eran mulleres. O SAE pon a disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento, consolidación e crecemento dos seus negocios.

Ler máis
Compartir: