BENESTAR SOCIAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC das Fontiñas incorpora un pioneiro servizo de teleasistencia xerontolóxica

08/11/2012

O Centro Sociocultural de Fontiñas acolleu unha demostración práctica do funcionamento dun dispositivo de teleasistencia avanzada denominado Telexerontoloxía. O sistema, deseñado polo Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade da Coruña (UDC), é absolutamente pioneiro e único en todo o mundo e xa se está probando en residencias e domicilios, como programa piloto, dentro do proxecto Envellecemento+Activo de Novas Prácticas Institucionais de Base Transfronteiriza, financiado a través...

Ler máis

ALCALDÍA

Ángel Currás destaca a "audaz interpretación e ordenación" do espazo de San Clemente

08/11/2012

O estudio de arquitectura compostelá Abalo Alonso Arquitectos presentou na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) a publicación Reurbanización do espazo público de San Clemente en Santiago de Compostela. A cita contou coa presenza do alcalde compostelán, Ángel Currás; do decano do COAG, Jorge Duarte; e dos arquitectos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso.

Ler máis

EDUCACIÓN

Os mexicanos David Álvarez e Julia Díaz recibiron o seu galardón como gañadores do Premio Compostela de Álbums Ilustrados

07/11/2012

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presidiu o acto de entrega de premios aos mexicanos David Álvarez e Julia Díaz, gañadores do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Antes, os artistas impartiran unha clase ao alumnado ao alumnado e profesorado de 1º e 2º de Bacharelato Artístico do IES de Sar. Na mesma, os artistas explicaron a técnica e o proceso de creación do álbum galardoado, Bandada.

Ler máis
Compartir: