CAPITAL CULTURAL
Compostela Cultura lanza a convocatoria de proxectos de creación artística e comisariado para a Zona C
Promover a arte emerxente do país e achegar á cidadanía os discursos e propostas de vangarda chamados a anovar o panorama creativo galego son os obxectivos centrais da nova convocatoria para a selección de proxectos de creación artística e de comisariado para a Zona C que promove o Auditorio de Galicia a través do selo Compostela Cultura.
PLENO
Apróbase de xeito definitivo o Orzamento municipal para 2024, que incide nas políticas sociais e na mellora dos servizos públicos e do rural
O pleno da Corporación, en sesión ordinaria, aprobou de forma definitiva o Orzamento municipal para o vindeiro ano por unha cifra global de 142,4 millóns de euros, a máis alta da historia concello.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte no concello de Ribeira, pola muller asasinada o 17 de marzo en Málaga e polo asasinato de dúas nenas por violencia vicaria en Almería tamén o 17 de marzo, vítimas de violencia machista.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A biblioteca José Saramago dos Centros Socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía
A rede de bibliotecas José Saramago dos centros socioculturais súmase á celebración do Día da Poesía, cunha mostra que terá lugar o próximo sábado no CSC Maruxa e Coralia. A cita comezará ás 12.00 horas, cun recital poético no que participarán oito autores e autoras.
EDUCACIÓN
O alumnado do CEIP Monte dos Postes e do colexio Santa María da Feira intercambian experiencias dentro do programa "Vivir nos municipios do Eixo Atlántico"
Os dous grupos foron recibidos esta mañá no Pazo de Raxoi pola alcaldesa e outros membros da Corporación no marco do programa de intercambio educativo do Eixo Atlántico.
MOBILIDADE
O Goberno inicia os trámites para a licitación do transporte público
A Xunta de Goberno deu hoxe o primeiro paso de cara a próxima licitación do servizo do transporte público, coa aprobación do estudo de custos do novo contrato. O informe será agora publicado na Plataforma de Contratación e despois dun prazo de exposición de vinte días será remitido á Oficina Nacional de Evaluación. Comeza así o procedemento para que Santiago teña unha nova rede de autobuses na que se introducirán importantes melloras, como a liña lanzadeira ao aeroporto, os buses...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O CSC Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía social no corazón da nosa historia"
O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia acolle desde hoxe a exposición "Economía Social no corazón da nosa historia", organizada pola concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, e o Foro pola Economía Social Galega para darlle visibilidade a "un modelo que, alén das grandes cifras económicas, pón o foco na situación das persoas, a calidade do emprego, o uso responsable dos recursos ou o impacto ambiental". Así o explicou a concelleira María Rozas, que...
CAPITAL CULTURAL
A sétima edición do ‘Alguén que respira!’ pon o foco na poesía en territorio de conflito
Do 21 ao 23 de marzo, o festival converte Compostela na cerna da poesía en Galicia, cun amplo abano de actividades arredor da palabra e da música. O xornalista Alfonso Armada será o encargado de dar lectura ao manifesto que escribiu para conmemorar o Día Mundial da Poesía deste 21 de marzo. O Festival ‘Alguén que Respira! Poesía para corpo principal’ é unha iniciativa da Concellaría de Capital Cultural do Concello de Santiago, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e...
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Ábrese o prazo para solicitar as axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade ou con limitacións no uso do transporte colectivo
A partir de mañá xa se poden solicitar as axudas individuais para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo, máis coñecidas como "bonotaxi". O orzamento, de 15.000 euros; e as bases, que hoxe publica o BOP, o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, aprobáronse o pasado día 11 en Xunta de Goberno. O prazo de solicitude é de dez días hábiles, contados a partir do 19 de marzo.
XUNTA DE GOBERNO
Nos próximos días abrirase o prazo de solicitude de autorizacións para usar as hortas municipais de Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís e Caramoniña
A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe á apertura do prazo de solicitude das autorizacións para o uso hortícola das parcelas municipais dos parques Campo das Hortas, Santa Marta, Belvís de Arriba e de Abaixo e Caramoniña, tras confirmar a caducidade dos permisos outorgados entre 2008 e 2019. Tamén se aprobou o Plan de emerxencias ante situacións de seca para o abastecemento urbano da auga en Santiago.