NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Vinte rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos participarán en "AnimaLingua"

30/07/2009

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, mantivo unha xuntanza cos pais dos 20 rapaces que participarán entre o 17 e o 26 de agosto na granxa escola de inmersión lingüística AnimaLingua, na Fervenza do Toxa (Silleda). Na reunión, celebrada na Casa das Asociacións de Cornes, participaron tamén os monitores responsables do desenvolvemento da actividade.

Ler máis

CULTURA

O Festival dos Abrazos encherá de cultura as rúas, prazas e parques con 130 actividades

30/07/2009

Compostela encherase en agosto de creatividade co Festival dos Abrazos. As rúas, prazas, parques e xardíns de Santiago de Compostela acollerán 130 propostas artísticas innovadoras, que foron presentadas pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez. Música, danza, circo, teatro, obradoiros, proxeccións audiovisuais, performances e arte dixital conforman a programación, que abarca dende pequenas intervencións de rúa a grandes concertos.

Ler máis

FESTAS

Fangoria presenta en Compostela o noveno traballo da súa carreira

30/07/2009

Tras quince intensos días cheos de actividades, concertos e diversión, as Festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica Parente Firework. O espectáculo comezará ás 23:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago non está endebedado por riba do límite legal do 110%

30/07/2009

O Concello de Santiago, no exercicio 2006 -ano ao que fai referencia o Informe do Consello de Contas- non estaba por riba do límite legal establecido na Lei de Facendas Locais. Así o afirma o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen xa deu as directrices oportunas para que os servizos económicos do Concello remitan ao Consello os documentos acreditativos correspondentes .

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago e Padrón comprometen a súa colaboración no Ano Xacobeo 2010

29/07/2009

Padrón volveu ser protagonista no seu día nas Festas do Apóstolo. A Corporación da vila veciña, encabezada polo seu alcalde, Camilo Forján, desprazouse a Santiago para vivir esta xornada festiva. En abril fora a delegación municipal compostelá a que vivira en Padrón as súas festas da Pascua.

Ler máis
Compartir: