PLENO

Os cidadáns presentaron 87 queixas e suxestións no Concello durante o 2009

27/05/2010

A concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, deu conta por escrito ao Pleno municipal do informe anual das queixas e suxestións presentadas no Concello no ano 2009. Na mesma sesión ordinaria aprobouse inicialmente a Ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais.

Ler máis

EDUCACIÓN

Mesas informativas, campañas nos colexios e menús sen glute no Día Nacional do Celíaco

26/05/2010

As concelleiras de Educación, Mercedes Rosón, e de Benestar Social, Mar Martín, xunto con Isabel Capdevila, delegada en Santiago da Asociación de Celíacos de Galicia, presentaron esta mañá as actividades que se realizarán mañá xoves, 27 de maio, con motivo do Día Nacional do Celíaco. Haberá mesas informativas, campañas nos colexios e menús aptos para celíacos para conmemorar esta data, coa que se reivindica a plena integración do celíaco na sociedade.

Ler máis

EMPREGO

Promoción Económica presenta o Boletín sobre o mercado laboral de Santiago

26/05/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Boletín sobre o mercado laboral de Santiago de Compostela. 2º semestre 2009. A publicación recolle, en catro apartados e 63 páxinas, as características da poboación activa e da poboación desempregada, os perfís de contratación, a actividade empresarial, a evolución do desemprego e os sectores de actividade con máis ofertas laborais.

Ler máis

CONSORCIO

Cuarta edición do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana

25/05/2010

O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana chega xa á súa cuarta edición. O galardón, creado polo Consorcio de Santiago en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, fomenta iniciativas públicas de creación e recuperación de ámbitos de cohesión nas cidades históricas de América Latina a través da...

Ler máis
Compartir: