DEPORTES
O Rali Botafumeiro contará cun treito urbano no Recinto Feiral de Amio
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XXIV Ralli Botafumeiro, novena e última proba puntuable para o Campionato Galego de Ralis 2012. A competición, organizada pola Escudería Compostela desenvolverase o sábado 1 e o domingo 2 de decembro.
PLENO
O Pleno municipal aproba inicialmente o regulamento de venda ambulante
O Pleno da Corporación aprobou inicialmente, na súa sesión ordinaria de novembro, o regulamento de venda ambulante. Ademais, ratificáronse declaracións institucionais relativas ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero e en defensa do xornalismo.
EDUCACIÓN
"Bandada", gañadora do Premio Compostela de Álbums Ilustrados, na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México)
Dende o 24 de novembro e ata o 2 de decembro estase a celebrar a XXVI Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México. Como noutros eventos internacionais arredor da promoción do libro e da lectura, a Editorial Kalandraka como coorganizadora do Premio Internacional Compostela de Albums Ilustrados, xunto coa Concellería de Educación, acolle no stand da editorial diversas actividades con autores e ilustradores, presentacións de libros, encontros con distribuidores, institucións educativas e culturais, editores, mediadores de lectura,...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
I Libroforum aberto con Xulia Alonso
O xoves 29 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural do Ensanche, todos os participantes dos clubs de lectura dos centros socioculturais e todo aquel que o desexe teñen a oportunidade de participar nun encontro coa autora de Futuro Imperfecto, Xulia Alonso.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Un novo libro-disco amosa a dimensión musical de Eugenio Granell
A Fundación Granell acolleu a presentación do libro-disco Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada. A publicación dá a coñecer a faceta musical de Eugenio Granell, na que tamén destacou.
MEDIO RURAL
Avanzan a bo ritmo as obras de desbroce e asfaltado nas parroquias do rural
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta das actuacións que o seu Departamento está a executar nestes intres nas parroquias do rural. Trátase de obras de desbroce, tapado de fochancas e asfaltado que avanzan a bo ritmo, co único inconveniente das inclemencias meteorolóxicas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 200 actividades para celebrar o Nadal de balde nos centros socioculturais
Co título de Vive o Nadal, a Concellería de Centros Socioculturais preparou un variado programa de actividades para todos os públicos nestas datas especiais. Serán máis de 200 propostas, entre as que se inclúen como novidade este ano algunhas tan singulares como a gravación dun lipdub ou o Belén artesanal realizado polos usuarios de 12 centros socioculturais.
ALCALDÍA
Descuberta unha placa de homenaxe no inmoble da rúa da Caldeirería onde residiron Eugenio e Mario Granell
O alcalde compostelán e co-presidente do Padroado da Fundación Granell, Ángel Currás, descubriu no número 6 da rúa da Caldeirería unha placa homenaxe a Eugenio e Mario Granell, dentro dos actos conmemorativos do aniversario de Eugenio Granell.
CULTURA
Banda Crebinsky presenta o seu novo disco, "Jet Lag", en Sons 2012
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Pablo Pérez, membro da Banda Crebinsky presentaron o concerto que a banda dará o domingo 2 de decembro dentro do ciclo Sons 2012. A Banda Crebinsky presentará neste concerto, ás 20:00 horas no Teatro Principal, o seu último traballo, Jet Lag.
ALCALDÍA
O alcalde promocionou en Madrid a gastronomía das Cidades Patrimonio
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentou a gastronomía das súas 13 cidades coa exposición e cata dos seus produtos máis representativos, con motivo do 40 Aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO. Ao acto, que tivo lugar na Casa de Galicia de Madrid, asistiron, entre outros, o alcalde compostelán, Ángel Currás; o alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello; e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.