TURISMO E ACCIÓN CULTURAL
Santiago acolle a campaña "Essencia do Minho"
O Consorcio Minho Innovación presentou esta mañá a campaña "Essencia do Minho" que ten como obxectivo mostrar a singularidade deste atractivo destino turístico situado ao norte de Portugal. No marco desta iniciativa, durante o mes de maio organizarase un concerto para o público xeral e un evento enogastronómico para prescriptores.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal aproba o anteproxecto e estudo de viabilidade do complexo deportivo de Santa Marta
O Goberno municipal aprobou hoxe, inicialmente, o estudo de viabilidade económica-financeira e o anteproxecto como actuacións preparatorias do expediente de concesión de servizo (e máis a obra) de explotación do complexo deportivo no barrio de Santa Marta. Agora, tal e como explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, ambos proxectos vanse someter a información pública polo prazo dun mes, antes de saír a licitación. Segundo sinalou, o complexo tería capacidade para 5.000 persoas.
MEDIO AMBIENTE
O sistema RECICLOS supera os 5.000 usuarios en Santiago
A iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago para fomentar a reciclaxe de envases e promover unha economía verde e circular, xa conta na cidade de Santiago con 5.250 usuarios. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, quixo agradecer tanto á cidadanía como ás asociación participantes na campaña "o seu compromiso co medio ambiente e a súa solidaridade".
MEDIO RURAL
Avanzan as obras de acondicionamento dos viais dos núcleos de Laraño
Máis de 15 millóns de euros van investidos no rural nos últimos anos "para reducir a fenda entre o urbano e o rural".
ALCALDÍA
O Berce de Sar completa o itinerario ata San Marcos
O alcalde e o concelleiro de Obras percorreron parte do itinerario que transcorre desde San Marcos ata Sar, pasando por Amio, San Lázaro e Aríns. A senda alcanza preto de 12 quilómetros, uníndose ao tramo previamente existente de Sar, Pontepedriña e Conxo. Todo o itinerario e elementos a destacar da ruta están recollidos na web parquefluvialdesantiago.org
PARQUES E XARDÍNS
O Espazo Deportivo Multiúsos de Santa Marta ultima detalles para a súa próxima apertura ao público
130.000 euros investíronse na actuación que crea unha nova pista de voleibol, completamente rematada, unha pista de skate e un espazo pumptrack.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno licita o servizo de limpeza de parcelas e viarios municipais e adxudica os postos de venda de artesanía
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación do "Servizo para a execución de diversas operacións de desbroza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" que sae a licitación por 790.000 euros repartidos nas seguintes anualidades: 200.800 en 2023, 395.000 en 2024 e 194.200 euros en 2025. O actual contrato, finaliza a finais de xullo deste ano.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a licitación e subministro da xestión da base de datos Oracle que agruparará a información do Concello de Santiago
O Goberno Municipal aprobou hoxe o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministración do "Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela", que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar significativamente a seguridade da mesma.