ACCIÓN CULTURAL
Chega ao Auditorio de Galicia ‘El bar que se tragó a todos los españoles’, do Centro Dramático Nacional
Trátase da primeira creación de Alfredo Sanzol á fronte do CDN e conta a historia de Jorge Arizmendi, un cura navarro que en 1963, con trinta e tres anos de idade, deixa o sacerdocio e viaxa aos Estados Unidos para mudar de vida. Haberá dúas funcións, venres 16 e sábado 17, ambas a partir das 18.30 h, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.
ALCALDÍA
Visita da cónsul de Colombia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira Mila Castro, de quen depende a Unidade Municipal de Atención ás Migracións (UAMI), recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi á cónsul de Colombia, Gloria María Borrero Restrepo.
BARRIOS E OBRAS
A concellaría de Obras presenta un balance dos traballos rematados e proxectados en 2020 e a planificación de actuacións para este ano
O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, presentou un resumo das actuacións levadas a cabo polo seu departamento en 2020, e adiantou a planificación de obras para este exercicio. Explicou que este ano hai seis obras en execución e estanse planificando outras 16 actuacións; que o ano pasado se executaron 23 obras, que xa están finalizadas; e que se remataron 16 proxectos, que está previsto executar en breve.
CIDADES PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio asinan con Fundación ONCE un programa de accesibilidade universal
O presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, acorda co director xeral de Fundación ONCE, José Luís Martínez Donoso, un programa de accións para o fomento da Accesibilidade Universal.