CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebrarán o Día Internacional do Xogo cunha xornada de xogos en liña o xoves 28 de maio
O xoves 28 de maio celebrarase o Día Internacional do Xogo 2020. Para celebralo, nestas circunstancias especiais do COVID-19, a rede de centros socioculturais preparou unha xornada de xogos en liña. As inscricións están abertas ata o mesmo 28 de maio, ata esgotar prazas, no teléfono 981 543 017.
IGUALDADE
Retómase o programa "Artellando Feminismo" cunha xornada en liña
A Concellaría de Políticas de Igualdade retoma hoxe mércores o programa Artellando Feminismo cunha xornada en liña de 19:00 a 20:30 horas. A iniciativa seguirá durante este mes e xuño con novas accións online e, en setembro, con dúas presenciais.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Aberto ata o 17 de xuño o prazo de presentación de solicitudes de axudas aos tipos de xuro por parte de autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as
Ata o 17 de xuño estará aberto o prazo para que autónomos e empresas de ata 10 traballadores/as poidan presentar as súas solicitudes de axudas para pagar os xuros das operacións financeiras que teñan subscrito. A convocatoria, incluída no Plan Marco de Reactivación Económica, está dotada cun orzamento de 100.000 euros, ampliables a 400.000 euros.