FESTAS
O concerto "Los40 Pop", cita principal da primeira xornada da Ascensión
Compostela vive dende mañá mércores as festas da Ascensión, que este ano se celebran do 29 de maio ao 2 de xuño. Durante estes cinco días de festas haberá ata oito grandes concertos, propostas diversas para público familiar e as citas xa tradicionais destas datas.
CONSORCIO
A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago convocan o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación 2019 (CEGOR)
A Fundación Laboral da Construción, o Consorcio de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago presentaron hoxe no Centro de Referencia de Formación en Materia de Rehabilitación de Pontepedriña o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación. Está dirixido a profesionais, técnicos/as e xefes/as de obras de rehabilitación coa necesidade de adquirir ou ben actualizar os seus coñecementos en materia de conservación, restauración e rehabilitación.