XUNTA DE GOBERNO
Aprobada definitivamente a expropiación do uso da antiga casa do conserxe do CEIP Lamas de Abade
A Xunta de Goberno deu hoxe un paso importante de cara a que o CEIP Lamas de Abade sexa dotado de novas aulas. Foi coa aprobación definitiva da expropiación do dereito de uso da antiga casa do conserxe do centro, que agora utilizaba unha familia sen ningunha relación co colexio.
ALCALDÍA
Peregrinación a Compostela para reivindicar a importancia do exercicio físico na rutina diaria das persoas con diabetes
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu un grupo de máis de 40 persoas con diabetes de Navarra e de El Bierzo, participantes do Reto "Camina por la Diabetes a Santiago", que chegaron este venres a Santiago tras facer seis etapas do Camiño de Inverno, o que supuxo percorrer máis de 110 quilómetros. Os peregrinos e peregrinas fixeron a última etapa, dende o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro, acompañados por un nutrido grupo de amigos, familiares e outras persoas que quixeron amosarlles o seu apoio.
TURISMO
A praza de Mazarelos acollerá múltiples actividades para celebrar as festas de San Xoán
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a segunda edición do programa festivo de Turismo de Santiago para potenciar o atractivo turístico da noite de San Xoán na cidade.
IGUALDADE
Máis de 50 concellos de toda Galicia amosan o seu interese pola campaña "En negro contra as violencias"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá a primeira xuntanza político-técnica da campaña En negro contra as violencias, cuxa preparación bota a andar hoxe e se desenvolverá no mes de novembro.
MEDIO AMBIENTE
O proxecto "Descarboniza! Que non é pouco…" chega á fin e prepara a súa continuidade
Nos próximos días vai chegar á súa fin o proxecto Descarboniza! Que non é pouco…, que se desenvolveu durante o primeiro semestre do ano nunha primeira etapa de proba. As últimas actividades serán un roteiro por Fontiñas, que ten o obxectivo de repensar o barrio dende a sustentabilidade, e que se desenvolverá mañá sábado no marco do The Bloque en Bloque Festival; e un obradoiro de cociña vegana en Lavacolla, o próximo luns.
ALCALDÍA
O alcalde visita o Museo Sirio do Colexio A Inmaculada
O alcalde visitou esta mañá o Colexio A Inmaculada, para coñecer o "Museo Sirio" que construíu o seu alumnado utilizando material de refugallo. Martiño Noriega encargouse da inauguración simbólica deste espazo, e tivo a oportunidade de conversar cos rapaces e rapazas que participaron na súa elaboración.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música celebrou o seu festival de fin de curso
O Auditorio Abanca acolleu o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música. Como en cada edición, esta actuación ten o obxectivo de dar a coñecer o traballo desenvolvido polas diferentes agrupacións da EMM ao longo do curso. Participaron máis de 200 alumnos e alumnas, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.