EDUCACIÓN
As escolas infantís municipais celebraron o Día Escolar da Paz cun encontro en Salgueiriños
As Escolas Infantís Municipais celebraron de xeito conxunto o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cun encontro no centro de Meixonfrío-Salgueiriños. A actividade, na que participaron o alcalde e o concelleiro de Educación e Cidadanía, serviu para poñer en valor o traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano nas escolas de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños en torno aos principios da paz, a cooperación e a solidariedade na procura dun clima de harmonía, convivencia e respecto entre iguais.
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola muller asasinada no Carballiño, vítima da violencia machista
A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración para condenar o asasinato machista, onte, dunha muller no municipio ourensán do Carballiño. É a primeira vítima da violencia machista en Galicia no que levamos de 2017.
CONSORCIO
O director polaco Michal Nesterowicz dirixirá a Real Filharmonía este xoves
A orquestra achegará ao público obras de Ravel, Sibelius e Fauré no concerto semanal de abono do xoves 2 de febreiro, que terá lucar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o mestre polaco Michal Nesterowicz.
CULTURA
O Teatro Principal acolle a representación da obra "Yo en el futuro"
O Festival Escenas do Cambio celebra a súa terceira edición cun programa con 25 pezas de artistas e compañías de dez países diferentes. Este martes, o arxentino Fedrico León presenta no Teatro Principal Yo en el futuro. A función será ás 21:30 horas.
DEPORTES
Noa Morales participa na entrega de agasallos do certame "Tarxetas de Nadal" de Special Olympics Galicia
A concelleira de Deporte, Noa Morales, participou esta mañá do acto de entrega de agasallos das Tarxetas de Nadal que cada ano organiza a entidade Special Olympics Galicia.