ALCALDÍA
O alcalde recibe o presidente do Club Atletismo Santiago
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe a Alfonso López, presidente do Club Atletismo Santiago e representante de todos os clubs da cidade desta disciplina deportiva que practican na cidade 900 atletas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Compostela súmase á celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe os actos impulsados dende o seu departamento para a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro. O edil estivo acompañado por Belén Álvarez, coordinadora das escolas infantís municipais; Adela Maroño, profesora de música do Colexio Pío XII e unha das autoras da guía didáctica de Brundibár; e Fernando Rey, director da Escola Municipal de Música.
CONVIVENCIA
O Concello ten repartido sal nunha ducia de puntos da cidade por mor das xeadas
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou hoxe que o Concello ten activado o protocolo de actuación fronte ás xeadas, ante as baixas temperaturas dos últimos días. Xan Duro explicou que nel colaboran a Policía Local, Protección Civil, e Urbaser.