ALCALDÍA
Martiño Noriega confirma a súa ausencia na Ofrenda ao Apóstolo e a aposta por "diferenciar o espazo civil do relixioso"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, confirmou que non estará presente no acto relixioso da Ofrenda ao Apóstolo Santiago. Si que tomará parte, como máxima representación institucional do Concello, no acto previo de recibimento ás autoridades na praza do Obradoiro e na recepción no Pazo de Raxoi posterior á cerimonia relixiosa.
FESTAS
O espectáculo dos Fogos do Apóstolo incluirá tamén proxeccións sobre o Pazo de Raxoi
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio Acciona Producciones y Diseño, Javier Sánchez, presentaron os Fogos do Apóstolo. Nesta edición, as proxeccións repartiranse entre a Catedral e o Pazo de Raxoi, combinadas coa música e a pirotecnia para crear un espectáculo envolvente.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música dedica á zarzuela o seu concerto deste xoves
A Banda Municipal de Música de Santiago dedicará o concerto deste xoves 16, ás 20:00 horas na praza das Praterías, á zarzuela. A temática repetirase no concerto do domingo 19, desta vez ás 22:00 horas na praza da Quintana.
COMERCIO
Reunión de Marta Lois coas asociacións comerciais Santiago Centro e Esperta Conxo
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, continúa coa súa rolda de contactos coas asociacións de comerciantes da cidade. Desta vez puido conversar co presidente de Esperta Conxo, Xulio Turnes, e coa Fundación Santiago Centro, representada polo seu presidente, José María Fernández; a xerente, Sonia Quintáns; e o secretario, Delmiro Prieto.
FESTAS
O pregón da futbolista compostelá Verónica Boquete abre as festas do Apóstolo máis diversas, descentralizadas e abertas
As festas do Apóstolo arrancarán mañá venres co pregón desnde os balcóns do pazo de Raxoi a cargo da futbolista santiaguesa Verónica Boquete. Considerada unha das mellores xogadoras do fútbol do mundo, Boquete dará o pistoletazo de saída a 15 días de actividades, todas de balde, que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a descentralización e a apertura.
FESTAS
Aberta a inscrición para participar no XXXVI Día do Enxalzamento do Traxe Galego
O domingo 26 de xullo e dentro da programación das festas do Apóstolo, celébrase a XXXVI edición do Certame do Traxe Galego. Ata as 14:00 horas do 24 de xullo estará aberto o prazo de inscrición para participar neste evento, que premiará os mellores traxes.