CULTURA

Continúan as visitas ao Castelo da Rocha

22/05/2015

A Concellería de Cultura continúa co programa de visitas guiadas ao Castelo da Rocha, que leva xa varias semanas en funcionamento. Este programa establece un horario de visitas guiadas, de carácter divulgativo e didáctico, dirixidas tanto ao público en xeral como a estudantes ou colectivos culturais.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela supera por primeira vez as 100.000 pernoctacións en abril exceptuando o Ano Santo 2010

22/05/2015

Santiago superou no pasado mes de abril as 100.000 pernoctacións nos establecementos hoteleiros da cidade, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, rexistráronse 103.850 noites de hotel, que representan un crecemento do 19,32% respecto ao mes de abril do ano pasado. Segundo a serie histórica do INE que comeza no 2005, nunca se superou a barreira das 100.000 pernoctacións na cidade no mes de abril, salvo no Ano Santo 2010.

Ler máis

CULTURA

Arch Enemy ofrece en Compostela o seu único concerto en España en 2015

22/05/2015

A banda sueca de death metal Arch Enemy, con Alissa White-Gluz nas voces, visita Santiago de Compostela, antes da súa parada no Rock Fest, para tocar os seus éxitos e temas de seu último álbum, War eternal, editado en 2014. Neste concerto, unha das citas do ciclo Compostela Rock, estarán acompañados por Unearth e Drone. A cita é este sábado, na Sala Capitol, onde as portas se abrirán a partir das 19:30 horas. Este será o único concerto en España da banda sueca neste ano 2015.

Ler máis

CULTURA

Gil do Carmo presenta en Santiago "A uma voz" no marco do ciclo Sons’15

22/05/2015

Conxugando a tradición de Lisboa e do fado con abordaxes menos convencionais como jazz, Gil do Carmo crea un sentido estético singular e persoal. Como resultado de anos de maduración, o novo proxecto de Gil do Carmo, A uma voz, traduce a espontaneidade e a autenticidade do rexistro acústico da guitarra portuguesa, do acordeón e da voz, nunha sonoridade única. Poderemos escoitalo este sábado 23 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Abanca, dentro do ciclo Sons’15, co patrocinio de Delta Cafés.

Ler máis
Compartir: